viernes, 7 de julio de 2017

A oferta pública de emprego do Estado do ano 2017 ascende a 28.249 prazas, a maior desde 2008

Hoxe é motivo de celebración que o Consello de Ministros aprobase un Real
Decreto de oferta de emprego público da Administración Xeral do Estado para 2017, con preto de 16.000 prazas (10.300 de novo ingreso e máis de 5.600 de promoción interna), así como un Real Decreto Lei de Oferta Extraordinaria, que incorpora preto de 4.300 prazas adicionais para loitar contra a fraude fiscal e laboral, e mellorar a prestación de determinados servizos públicos aos cidadáns.

Ás prazas previstas nas dúas normas hoxe aprobadas, hai que engadir as preto de 8.000 prazas do Real Decreto-lei do pasado 31 de marzo que aprobou a Oferta para persoal docente, militares, policías nacionais e autonómicos, e gardas civís. Todo iso suma unha Oferta de Emprego Público para 2017 superior ás 28.200 prazas, a maior desde 2008.

A aprobación da oferta foi precedida pola firma dun Acordo da Mesa Xeral de Negociación da Administración Xeral do Estado subscrito pola secretaria de Estado de Función Pública, e as organizacións sindicais CSIF, CCOO, UXT e CIG, nunha reunión celebrada no día de onte.

En canto á Oferta ordinaria experimenta un incremento do 24 por 100 con respecto a 2016 débese, entre outros factores, á inclusión de tres novos sectores prioritarios nos que a taxa de reposición de efectivos é do cento por cento: atención ao cidadán nos servizos públicos, prestación directa do servizo de transporte público e seguridade e emerxencias.

No ámbito da Administración de Xustiza, xunto ás 743 prazas correspondentes á taxa de reposición, a oferta de emprego público para 2017 engade 2.331 prazas, consecuencia do proceso de estabilización aprobado pola Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2017.

Con esta oferta o Goberno dá cumprimento ao Acordo do 29 de marzo de 2017 para a mellora do Emprego Público, asinado coas organizacións sindicais máis representativas, no que se refire ao fortalecemento dos efectivos da Administración Xeral do Estado.

Oferta Extraordinaria

Xunto ao Real Decreto de oferta de emprego público, o Consello de Ministros aprobou un Real Decreto Lei de oferta extraordinaria de emprego público con máis de 4.200 prazas, para reforzar o control do gasto, a loita contra a fraude fiscal, laboral e da Seguridade Social, e a prestación de determinados servizos públicos.

Axencia Tributaria

A Axencia Estatal de Administración Tributaria verase reforzada con 2.150 novas prazas coas que se intensificará a loita contra a fraude fiscal e garantirase o adecuado cumprimento do réxime xurídico dos ingresos públicos.

Así mesmo, os corpos encargados do control da execución do gasto público da Administración Xeral do Estado (interventores e técnicos auditores do Estado) verán incrementados os seus efectivos en 178 prazas.

No ámbito da Inspección de Traballo e da Seguridade Social, contémplase un incremento de 320 efectivos, aos que se suman as 415 prazas con destino ao Servizo Público de Emprego Estatal e FOGASA. Con iso auméntase considerablemente a dotación de persoal dos organismos encargados de controlar a normativa laboral e da Seguridade Social e do pago de prestacións.

Examinadores de tráfico e oficinas do DNI

Doutra banda, e co fin de responder ao considerable aumento da demanda nos servizos da Dirección Xeral de Tráfico encargados da realización das probas de obtención de permisos de condución, créase unha especialidade de tráfico no Corpo Xeral Administrativo, cunha dotación de 505 prazas.

Igualmente, e para atender a maior actividade nas oficinas de expedición do DNI e do pasaporte o Real Decreto Lei aprobado hoxe prevé 150 prazas no Corpo Xeral Auxiliar.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta