Interveño hoxe na
tertulia de Radio Voz que dirixe Antía Díaz Leal, e na que participaron tamén
Ernesto Sánchez Pombo, Iván Puentes e Breogán Riobóo.
Falamos en primeiro
lugar do Plan de Transporte Público da Xunta de Galicia.
Comecei diciendo
que este Plan é o resultado dun minucioso traballo de análise das necesidades
de mobilidade de cada parroquia das máis de 200 concellos de Galicia, coa
participación de todos os concellos que desexaron facelo. E que o Goberno galego está amosando unha enorme vontade negociadora coa patronal e os
sindicatos.
Dixen que o Consello da Xunta aprobaría hoxe o inicio da contratación das novas concesións
de transporte público con plenas garantías para a continuidade do emprego e
para o futuro das pequenas e medianas empresas do sector.
E que permitirá garantir a continuidade dos
servizos de autobús e do emprego a partir do vindeiro mes de agosto, momento en
que se materializarán as renuncias das empresas ás concesións públicas de
transporte de pasaxeiros.
Un Plan de
transporte público que incorpora cláusulas de subrogación de referencia
estatal, que garante que todos os
traballadores dunha liña de transporte poderán manter o emprego coa
adxudicación do servizo a unha nova empresa.
Unha blindaxe do
emprego reforzarase con garantías para a
viabilidade das concesións asociadas ás obrigas de subrogación dos
traballadores, mentres que o incumprimento destas figurará como unha causa
específica de resolución dos contratos.
Destaquei o reforzo dos servizos de transporte da que se beneficiará
eminentemente a poboación do rural.
Iso será posible ao permitir que os veciños do rural empreguen as liñas de
autobús de transporte escolar, que ten unha rede territorial moito máis
extensa.
Ese uso compartido do transporte irá acompañado de melloras tamén para os
escolares, cuxa atención estará blindada nos contratos, mantendo intactos os
tempos de percorrido e os horarios de saída e chegada.
Ademais, incluiranse
garantías máis elevadas que as previstas pola Lei, ao asegurarse a presenza dun
monitor acompañante escolar en todas as rutas de transporte compartido.
Finalmente valorei
a plena seguridade xurídica do Plan de transporte público. A inclusión das
liñas de transporte escolar en procedementos abertos e transparentes de
licitación pública enmárcase nas novas regras de xogo establecidas pola Unión
Europea.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta