O evento foi clausurado polo ministro Luís de Guindos, e contou coa participación da secretaria xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa, Dª. Begoña Cristeto, quen abordou a situación e perspectivas do sector de Automoción, con Dª. María Helena Antolín, presidenta de SERNAUTO e D. Antonio Cobo, presidente de ANFAC, que comentaron as propostas dirixidas a canalizar a industria do futuro a través do incremento da competitividade. Pola súa banda, D. Hilario Albarracín, presidente de KPMG en España, deu as claves desta industria tan competitiva.
Esta Axenda Sectorial da Industria de Automoción inclúe unha folla de ruta con propostas específicas para potenciar, aínda máis, a industria de automoción, poñendo en valor a súa importancia e contribución como catalizador da reindustrialización en España, e seguir sendo líderes a nivel mundial.
A industria española de automoción veu realizando un extraordinario esforzo nun período de transición difícil, e soubo reposicionarse e recuperar a senda do crecemento. A asignación de novos modelos xunto coa recuperación do mercado, e o dinamismo competitivo das empresas do sector español de fabricantes de compoñentes supuxo unha facturación conxunta superior a 80.000 millóns de euros en 2016.
O sector de automoción é, ademais, o que máis contribúe á balanza comercial de España. Con máis de 2,4 millóns de vehículos exportados, representa case o 20% do valor das exportacións españolas. Pola súa banda, en torno ao 60% da facturación do sector de fabricantes de compoñentes expórtase a máis de 170 países.
Unha industria do automóbil que ten unha fortísima presenza en Galicia, onde existe unha gran planta industrial en Vigo de PSA e ao redor dela unha gran industria auxiliar.
Así na provincia de Ourense temos grandes empresas, entre elas por exemplo:
CIE Galfor unha compañía pertencente ao grupo multinacional CIE Automotive. Na súa planta de San Cibrao das Viñas dedícase á forxa e mecanización de pezas de aceiro para a automoción, principalmente cigüeñais, eixos dianteiros, palieres, brazos de suspensión, mangas e mangones.
O Grupo Hispamoldes, que integra varias actividades desde o deseño ata a fabricación en serie. O grupo inclúe dúas plantas situadas en Ourense : Hispamoldes (fabricación de moldes medianos/grandes) e Hispaplasti (inxección).
Faurecia Automotive España que forma parte do Grupo Faurecia, e que na planta de San Cibrao das Viñas, centra a súa actividade na produción de taboleiros de abordo, guarnicións, paneis de porta e ebanisterías.
Inplasor Galicia, S.L. que se dedica desde 1997 á fabricación de pezas plásticas, ensamblaxe de compoñentes plásticos e desenvolvemento de moldes.
Megatech que en Pereiro de Aguiar ten unha planta especializada no desenvolvemento e produción de sistemas, módulos e compoñentes plásticos para o interior e exterior de turismos, furgonetas e vehículos comerciais.
E Mecanizados Rodríguez Fernández, S.L que foi fundada en 1966 na provincia de Ourense e dedícase principalmente á fabricación de accesorios de carrocería industrial.