Interveño hoxe na tertulia de Radio Voz que dirixe Antía
Díaz Leal, e na que participaron tamén Ricardo García Mira e Breogán Riobóo.
Falamos en primeiro lugar da Comisión de Investigación do financiamento do
PP que está a celebrar comparecencias de persoas que foron tesoureiros.
Dixen que GPP votou a favor da creación
desta Comisión, tras un acordo con Cidadáns, porque non temos nada que ocultar
e as contas do PP son públicas e coñecidas pero que a realidade está a
demostrar que os Grupos non queren saber a verdade, xa que o seu único
obxectivo é danar por todos os medios ao Partido Popular para sacar proveito
político.
Parece unha causa xeral contra o PP por
motivos estritamente electorais e pretende
- en balde - afectar as resolucións xudiciais e incidir sobre o labor dos
tribunais.
E falei que hoxe mesmo na Comisión de
investigación das finanzas dos partidos no Senado, os partidos Podemos, PSOE e
Cidadáns que no Congreso son tan esixentes abandonan na cámara alta a Comisión.
Unha clara mostra de hipocresía.
Logo
falamos dunha información publicada esta semana polo Ministerio de Facenda e
Función Pública, no sentido de que en xaneiro había en Galicia 148.143 persoas
en persoal das distintas Administracións públicas. Son dous mil menos que os
que se rexistraban un ano antes e case 11.000 respecto ao pico do 2010, antes
de que se limitase por decreto a reposición de persoal.
Unha información que pon de manifesto
que o recorte afecta principalmente os
concellos superior ao 5 % en só un ano. E en menor proporción tamén se produciu
unha diminución no persoal da Administración central en Galicia, 340 menos que
doce meses antes.
Respecto diso dixen que desa información
despréndese tamén que a Xunta que dirixe Alberto Núñez Feijóo, creou emprego
público.
Así o número de empregados públicos da
Xunta de Galicia situouse en 87.262 efectivos a data 1 de xaneiro de 2017, o
que supón un incremento de 763 traballadores na Administración autonómica
respecto ao 1 de xaneiro de 2016. Este aumento de empregados públicos na
Xunta produciuse nos eidos da sanidade, a educación e a xustiza.
En concreto, a cifra de efectivos
públicos no eido sanitario aumentou ata os 34.568 traballadores, fronte aos
34.057 efectivos contabilizados a 1 de xaneiro de 2016. Isto supón un
incremento de 511 traballadores na sanidade pública galega no último ano, a
meirande parte deles persoal sanitario.
No eido da docencia non universitaria, o número empregados
públicos da Xunta medrou tamén ata os 34.024 efectivos, o que representa un
aumento de 61 traballadores en comparación con xaneiro do ano pasado.
En canto ao ámbito das consellerías e da xustiza, o número de efectivos a 1
de xaneiro de 2017 sitúase en 15.902 e 2.768 efectivos, respectivamente. No
primeiro caso supón un descenso de 42 efectivos sobre o 1 de xaneiro de 2016,
mentres que na xustiza o cadro de persoal aumentou en 233 persoas no último
ano.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta