O Consello de Ministros celebrado na mañá de hoxe autorizou a celebración dun contrato de servizos para a execución de diversas operacións de conservación e explotación en estradas do Estado na provincia de Ourense, sector de conservación nº 3, por un valor estimado de 19,51 millóns de euros, IVE excluído.
As estradas atendidas polo sector son:
- Autovía A-52, quilómetros 176,0(Alto estivadas) a 267,1 ( Límite coa provincia de Pontevedra)
- Estrada OU-11, ligazón Ourense centro, quilómetros 0,0 a 1m9.
Características Técnicas:
Os contratos de servizos para a execución de operacións de conservación e explotación na Rede de Estradas do Estado teñen por obxecto realizar os traballos de servizos de comunicacións e de vixilancia, atención a accidentes, mantemento dos elementos da estrada, mantemento sistemático das instalacións de subministración de enerxía eléctrica, iluminación, sinalización variable e semaforización.
Ademais, inclúense os labores de establecemento de inventarios e recoñecementos de estado, axenda de información de estado e funcionamento da estrada, programación, coordinación,seguimento e información da execución dos traballos, actuacións de apoio á explotación, estudos de accidentalidade e informes de seguridade viaria.
Así mesmo, realizaranse os traballos de roza, fresados e reposición do firme, limpeza de cunetas, e en xeral, todos os labores de conservación ordinaria das vías ao seu cargo.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta