martes, 4 de julio de 2017

En xuño baixa o paro rexistrado nun 2,84 %, en Galicia nun 5 % e en Ourense, un 3,72 %

O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de xuño de 2017.

Son os seguintes:

Ourense:

Baixa o paro rexistrado en xuño en relación co mes anterior en -840 persoas, un -  3,72 %.

A nivel interanual, isto é, con respecto a xuño do ano pasado, 1.411 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 6,09 %. 

O numero de parados queda fixado en 21.745, deles 9.602 son homes e 12.143 mulleres, 20.548 son maiores de 25 anos e 1.197 menores.

Por sectores, 1.173 son da agricultura, 2.602 da industria, 2.178 da construción, 13.766 nos servizos e 2.028 do colectivo sen emprego anterior. 

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia baixou en xuño en 9.973 persoas con respecto a maio (un – 5,00 %). Superó  ao Estado no ritmo de caída en case o dobre (2,84 %), o que posiciona a Galicia como a 3º Comunidade na que máis baixou o paro en termos absolutos, e é a segunda maior porcentaxe de descenso desde o inicio da crise económica nun xuño.

O número de parados queda en 189.655, deles 82.940 son homes e 106.725 mulleres, 180.703 son maiores de 25 anos e 8.962 menores.

Galicia sitúase en xuño por debaixo das 190.000 persoas sen emprego, sendo a primeira vez desde o inicio da crise (ano 2008) que se baixa desta cifra.

A nivel interanual, isto é, con respecto a xuño do ano pasado, 17.655 persoas saíron das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 8,52 %. 

Encadeamos  catro anos consecutivos de caída na evolución anual nun mes de xuño, o que sitúa á Comunidade en niveis de paro aos de hai 8 anos(xuño 2009), sendo xa máis de 3 anos e medio de baixadas consecutivas, desde novembro de 2013.

O paro descende nas principais variables: baixa nas catro provincias galegas e nas sete grandes ciudades; en todos os sectores, liderando o descenso a construción (-20,12%), seguido da industria (-11,80%) e da agricultura e pesca (-9,17%); e cae nos colectivos prioritarios da Xunta: menores de 30 anos (-10,59%), parados de longa duración (-9,51%) e mulleres (-5,66%). ´

España:

O número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego Estatal (SEPE) baixou en xuño en 98.317 persoas en relación ao mes anterior.

Así, a cifra total de parados rexistrados no mes de xuño sitúase en 3.362.811. Alcanza así o seu nivel máis baixo dos últimos 8 anos.

En termos desestacionalizados o paro redúcese no mes de xuño en 21.668 persoas.

Nos 12 últimos meses, o paro reduciu en 404.243  persoas, a maior redución anual en xuño de toda a serie histórica, mantendo un ritmo anual de redución próximo ao 11%.

O desemprego dos mozos menores de 25 anos redúcese en xuño un 16,5% interanualmente, sensiblemente por encima da media xeral do 10,7%. 

Por sectores económicos de procedencia dos traballadores, o paro rexistrado diminúe en Servizos en 75.101 persoas, en Construción,  en 10.168, en Industria, en 10.048 persoas e no colectivo de persoas sen emprego anterior redúcese en 10.249 persoas. E aumenta en Agricultura e Pesca, en 7.249 persoas.

En canto ás Comunidades Autónomas o paro rexistrado baixa nas 17, principalmente en Cataluña     (-18.102), Andalucía (-10.324) e en Galicia (- 9.973).

O número de contratos rexistrados durante o mes de xuño foi de 2.089.520, o maior número de toda a serie histórica en calquera mes. Representa unha subida de 169.180, (8,81%) sobre o mesmo mes do ano pasado.

A contratación acumulada nos cinco primeiros seis meses do 2017 alcanzou a cifra de 10.540.458, o que supón un incremento do 11,02%, que en igual período do ano anterior.

En canto á contratación indefinida no mes de xuño rexistráronse 166.462, que significa un aumento 18.067 (12,17%) sobre igual mes do exercicio anterior. Encadéanse así 41 meses de incremento da contratación indefinida.


En datos acumulados realizáronse 572.133 contratos indefinidos a tempo completo ata xuño deste ano, o que supón un incremento do 13,76% sobre o mesmo período de 2016.