Onte cumpríronse seis meses
exactamente da celebración da VI Conferencia de Presidentes, e con tal motivo a
vicepresidenta e ministra da Presidencia e para as Administracións
Territoriais, Soraya Sáenz de Santamaría, presidiu a reunión do Comité Preparatorio, de Impulso e
de Seguimento da Conferencia de Presidentes, xunto ao ministro de Facenda e
Función Pública, Cristóbal Montoro.
Á reunión asistiron, así mesmo, os secretarios de Estado para as
Administracións Territoriais, Roberto Bermúdez de Castro, e de Facenda, José
Enrique Fernández de Moya, así como os secretarios de Estado ou subsecretarios
dos departamentos ministeriais competentes nos acordos alcanzados na
Conferencia de Presidentes do mes de xaneiro, así como os conselleiros das
comunidades autónomas.
Constatouse que os resultados
poden cualificarse de bos e o nivel de cumprimento dos acordos alto. A
reactivación da Conferencia de Presidentes constitúe unha verdadeira
oportunidade para aumentar a comunicación, colaboración e cooperación dentro
deste órgano impulsor das relacións entre as distintas Administracións
Públicas.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou nesa que tivo
como principal obxectivo avaliar o grao de cumprimento dos 11 acordos adoptados
na Conferencia de Presidentes celebrada en xaneiro.
A Xunta amosou a súa satisfacción polo
clima de cordialidade e diálogo durante a xuntanza, así como tamén eloxiou o
traballo feito durante estes seis meses para dar cumprimento aos acordos
acadados. Ademais, instou a seguir traballando, de xeito coordinado, en
beneficio da cidadanía.
En concreto, o Goberno galego considerou
especialmente positivo que xa se teña posto en marcha un grupo de expertos
sobre o novo financiamento autonómico, que está xa rematando o seu traballo;
así como os avances realizados en igualdade e violencia de xénero cara un
futuro Pacto de Estado.
Outros dos temas que centrou a anterior
Conferencia de Presidentes foi o reto demográfico, unha materia que interesa
especialmente a Galicia. Ao respecto, o Goberno autonómico valorou a creación
da figura do Comisionado, que senta as bases para seguir avanzando na materia.
Tamén destacou as reunións celebradas no
marco da Conferencia para Asuntos Relacionados coa Unión Europea (CARUE), onde
se ten realizado unha sesión monográfica sobre o Brexit, un asunto
especialmente relevante para Galicia.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta