Nesta primeira semana de vacacións, grazas á amabilidade da Autoridade Portuaria da Coruña visito o novo Porto Exterior de Punta Langosteira, en Arteixo, a 10 km de A Coruña.
Conta na actualidade con 190 hectáreas de superficie terrestre, un peirao de 900 metros lineais con 22 metros de calado, outro peirao de 300 metros lineais con 15,5 metros de calado, un enorme dique de abrigo de 3.359 metros de lonxitude e un martelo de 390 metros con posibilidade de atracada na cara interior (unha obra á vangarda da enxeñería).
Ademais do acceso por estrada que o conecta directamente co polígono industrial de Sabón, agora quedóu perfectamente comunicado pola nova autovía (AC-15), que permite un acceso directo de alta capacidade ao novo Porto Exterior da Coruña. E que o conecta con autovías e autoestradas (A-6, AP-9 e AG-55).
Tamén está previsto construír a ligazón ferroviaria, mediante un ramal de 7 quilómetros que unirá o porto coa rede xeral.
Quedo gratamente impresionado destas instalacións portuarias nas que desde 2012 xa se solicitaron máis de 20 hectáreas para o establecemento e concesións e os principais operadores portuarios xa construíron as respectivas naves de manipulación de mercadorías, para gráneles sólidos fundamentalmente.
Un porto que dará cabida ao desenvolvemento de novos negocios: hidrocarburos (novas terminais para graneis líquidos e petroquímicos), agroalimentario e outros graneis sólidos, etc.
E permitirá o traslado da actual terminal de Repsol na dársena interior ás novas infraestruturas portuarias de Punta Langosteira.
O traslado da actividade de Repsol da actual terminal na dársena interior ao Porto Exterior supoñerá importantes melloras. Por unha banda, as condicións en canto a calados do Porto Exterior, que alcanzan os 24 metros, fronte aos 16 metros do porto interior, permitirán o acceso e maniobrabilidad de grandes buques; dispoñerán dun pantalán de uso exclusivo, o que permitirá xerar máis actividade; e a operatividade, segundo os numerosos ensaios técnicos desenvolvidos polo Cedex, será do 97%, certificada. Ademais, a compañía estará máis próxima ás instalacións da Refinería.
O investimento realizado e previsto a futuro en Langosteira superará en total os 750 millóns de euros.
Destacan as achegas europeas por valor de 279 millóns de euros derivadas dos marcos comunitarios de axuda de Cohesión 2000-2006 e 2007-2013.
Destacan as achegas europeas por valor de 279 millóns de euros derivadas dos marcos comunitarios de axuda de Cohesión 2000-2006 e 2007-2013.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta