sábado, 19 de agosto de 2017

Mantense a activación do nivel de risco alto de atentado terrorista

Da actualidade política de hoxe  destaco que esta mañá tivo lugar a reunión extraordinaria da mesa de valoración da ameaza terrorista,

O ministro do Interior, Juan Ignacio Zoido, que a presidiu, informou que os seus integrantes propuxeron manter o nivel de alerta antiterrorista (nivel 4 - risco alto), vixente en España desde xuño de 2015. 

O Nivel de Alerta Antiterrorista consiste nunha escala composta por varios niveis complementarios, cada un dos cales se atopa asociado a un grao de risco, en función da valoración da ameaza terrorista que se aprecie en cada momento. A clasificación prevista no Plan de Prevención e Protección Antiterrorista conta con cinco niveles de activación, asociados a un determinado nivel de risco: o nivel 1 corresponde a risco baixo, o nivel 2 a risco moderado, o nivel 3 a risco medio, o nivel 4 a risco alto e o nivel 5 a risco moi alto.

Para o ministro do Interior: "Nestes momentos é crucial para a seguridade dos nosos cidadáns que os expertos realicen unha avaliación certeira das consecuencias a curto e medio prazo dos atentados e que se poñan sobre a mesa as diferentes perspectivas e análises sobre a entidade da ameaza á que nos enfrontamos".

Medidas adicionais

Os expertos que conforman a mesa de valoración da ameaza terrorista propuxeron manter a activación do nivel de risco alto de atentado terrorista (4 sobre 5), reforzando o nivel actual cunha serie de medidas adicionais, orientadas a focalizar os esforzos das Forzas e Corpos de Seguridade en catro ámbitos concretos, sempre dentro do nivel 4:

- Un reforzo dos dispositivos de seguridade en lugares ou eventos de afluencia masiva de persoas e con especial énfase en zonas turísticas.

- Unha intensificación da prevención en potenciais obxectivos de ataques terroristas.

- O reforzo dos dispositivos de reacción fronte a atentados.

- E por último, ínstase a estreitar a colaboración coas Policías Locais, coa finalidade de incorporar, dentro das súas competencias, as capacidades destes Corpos ao desenvolvemento das medidas recollidas no Plan de Prevención e Protección Antiterrorista, promovendo reunións das Xuntas Locais de Seguridade nas que leve a cabo unha análise de riscos que permita valorar a instalación de medidas pasivas de seguridade.

Juan Ignacio Zoido subliñou que "nos atopamos nun nivel de risco que xa de seu supón unha activación importante de capacidades das Forzas e Corpos de Seguridade. E estas medidas foron reforzadas con sucesivas decisións, que se foron tomando como consecuencia das análises da metodoloxía e os riscos asociados ás capacidades e intencións terroristas".