As obras, cuxo importe ascende a 716.317 euros (sen IVE) e que se desenvolverán ao longo de 7,2 km, céntranse na reparación de fochancas, marxes do viario e saneamento da calzada, así como a extensión de 42.470 m2 de novo aglomerado, previo fresado.
As obras teñen por obxecto realizar unha actuación urxente de reparación inmediata naqueles puntos con importantes danos en estradas de titularidade da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Ourense, para mellorar a súa seguridade viaria, ademais dunha capacidade de carga que permita o tránsito de vehículos pesados ata a finalización das obras.
Informa ADIF que tamén esta semana, iniciou os traballos en todas as estradas proxectadas (4 estradas de titularidade autonómica e 6 estradas de titularidade da Deputación de Ourense).
Afectación de viarios:
Explica ADIF que a localización das obras e a intensa actividade que leva a cabo nas actuacións da conexión Madrid-Galicia de alta velocidade (con todos os tramos en execución), fai inevitable o elevado tránsito de vehículos na área de influencia e, como consecuencia, a afectación a distintos viarios, xa que o acceso aos tallos efectúase forzosamente por unha ampla rede de estradas secundarias, dimensionadas para tráficos máis reducidos.
Por este motivo, algúns viarios presentan diversos danos (fochancas, mordentes, afundimentos, etc.). Dáse a circunstancia engadida de que o acceso a determinados núcleos de poboación soamente é posible por un único viario, o que imposibilita rutas alternativas.
As estradas afectadas polas devanditas obras e, que serán obxecto de reparacións, discorren polos termos municipais de Vilariñode Conso, A Gudiña, Castrelo do Val, Laza, Vilar de Barrio, Sarreaus, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Allariz, Paderne de Allariz e Taboadela.
Celebro o inicio destas obras e que pronto comecen as reparacións das estradas e camiños de titularidad municipal que aínda estén pendentes.
Salientar tamen que atópanse xa en execución as actuacións urxentes en estradas de titularidade da Axencia Galega de Infraestruturas (Xunta) e da Deputación de Ourense, adxudicado a Tragsa en decembro de 2016 por importe de 5.187.126 euros (IVE incluído).
Esta actuación, na que se traballa desde principios de ano, abarca as estradas danadas no traxecto comprendido entre o tramo Vilariño-Campobecerros e o tramo Ponte Ambía-Taboadela.
A entidade pública empresarial encargou a Ineco catro proxectos (dous para estradas de titularidade de Xunta de Galicia e a Deputación Provincial e dúas para estradas locais) co fin de resolver estes danos en dúas fases: unha primeira de actuación urxente e outra de reposición de viarias ao seu estado orixinal, que se realizará cando conclúan as obras da LAV.