jueves, 17 de agosto de 2017

Entre xaneiro e xullo, o tráfico de pasaxeiros nos aeroportos da rede de Aena creceu un 8,8%

  1. Coñeciamos onte que os  aeroportos da rede de Aena rexistraron o pasado mes de xullo máis de 27,5 millóns de pasaxeiros, un 7,4% máis que no mesmo mes de 2016.

    O total de viaxeiros que pasaron en xullo polos aeroportos da rede de Aena foi de 27.569.820. Destes, 20.167.232 viaxaron en voos internacionais, un 7,3% mais que en xullo de 2016, e 7.326.121 fixérono en voos nacionais, un 7,7% máis.

    O Aeroporto Adolfo Suarez Madrid-Barajas rexistrou o maior número de pasaxeiros durante o pasado mes, con 5.087.909, o que representa un incremento do 3,7% con respecto a xullo de 2016. Séguelle Barcelona-O Prat, con 5.041.652 (+8%); Palma de Mallorca, con 4.157.378 (+5,2%); Málaga-Costa do Sol, con 2.187.116 (+11,2%); Alacante-Elxe, con 1.632.871 (+11,6%); Eivissa, con 1.369.182 (+4,3%); Gran Canaria, con 1.087.405 (+10,3%), e Tenerife Sur con 931.935 (+6,1%).

    Entre xaneiro e xullo, o tráfico de pasaxeiros nos aeroportos da rede de Aena creceu un 8,8%, sumando un total de 140.927.961 viaxeiros.

    Galicia:

    Os aeroportos de Lavacolla, Alvedro e Peinador moveron o pasado mes de xullo, un total de 495.389  pasaxeiros, un 5,89 % máis que o mesmo mes do ano anterior. 

    Destacar que nos sete primeiros meses de 2017 as tres terminais galegas da rede aeroportuaria de AENA moveron 2.762.721 millóns de pasaxeiros.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta