Unha pola que se anuncia a licitación do contrato de "subministración e transporte de travesas para o tramo Zamora- Pedralba do Corredor Norte- Noroeste de Alta Velocidade. Fase II. Orzo base de licitación: a) Importe neto: 2.617.218,30 euros. Importe total: 3.166.834,14 euros. Contempla a fabricación, provisión e presentación nos lugares da traza nos que se vaian a instalar, un total de 27.000 travesas de alta velocidade, 300 travesas polivalentes e 7.000 travesas para tres carrís. O contrato contempla un prazo de 4 meses.
Outra pola que se anuncia a licitación do contrato de "subministración e transporte de balasto para o tramo Zamora-Pedralba da Liña de Alta Velocidade Olmedo-Lubián-Ourense. Subtramo 6".Orzo base de licitación: a) Importe neto: 4.158.280,40 euros. Importe total: 5.031.519,28 euros.
Outra pola que se anuncia a licitación do contrato de "subministración e transporte de balasto para o tramo Zamora-Pedralba da Liña de Alta Velocidade Olmedo-Lubián-Ourense. Subtramo 7". Orzo base de licitación: a) Importe neto: 4.292.738,40 euros. Importe total: 5.194.213,46 euros.
Outra pola que se anuncia a licitación do contrato de "subministración e transporte de balasto para o tramo Zamora-Pedralba da Liña de Alta Velocidade Olmedo-Lubián-Ourense. Subtramo 8". Orzo base de licitación: a) Importe neto: 4.263.804,40 euros. Importe total: 5.159.203,32 euros.
E finalmente outra resolución da Entidade Pública Empresarial Adif-Alta Velocidade, pola que se anuncia a licitación do contrato de "subministración e transporte de balasto para o tramo Zamora-Pedralba da Liña de Alta Velocidade Olmedo-Lubián-Ourense. Subtramo 9". Orzo base de licitación: a) Importe neto: 4.217.850,40 euros. Importe total: 5.103.598,98 euros.
Estes catro contratos a razón de 148.000 toneladas cada un deles, inclúen a fabricación do balasto en canteira, a provisión en espazos de almacenamento ata que se faga necesario o seu uso e a subministración a pé de obra para o seu posterior uso na plataforma ferroviaria entre Zamora e Pedralba de la Pradería. Nas condicións que fixan os contratos, establécese unha subministración graduada que se irá producindo a partir deste ano 2017, pero que será masivo en 2018.
Sen dúbida unhas moi boas novas para seguir avanzando na consecución do seguinte hito que é a chegada do AVE a Pedralba de la Pradería en 2018 o que acurtará en media hora o tempo de viaxe entre Galicia e Madrid.
Sen dúbida unhas moi boas novas para seguir avanzando na consecución do seguinte hito que é a chegada do AVE a Pedralba de la Pradería en 2018 o que acurtará en media hora o tempo de viaxe entre Galicia e Madrid.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta