Onte
o Instituto Nacional de Estatística (INE), publicaba uns datos que revelan tamén
que nos seis primeiros meses do ano, máis do 91% da demanda turística regrada
correspondeu aos establecementos hoteleiros, porcentaxe que inclúe tanto aos
hoteis, que representaron o 72,5%, como ás pensións, que rexistraron un 16,5%
neste caso. No segmento dos establecementos extrahoteleiros, as casas rurais
roldan o 4% e os cámpings supuxeron nos seis primeiros meses do ano máis do 3%.
Os
establecementos regrados de Galicia rexistraron no primeiro semestre do ano
preto de dous millóns de viaxeiros e máis de 3,6 millóns de pernoitas, o que
supón unha subida de preto dun 5% e case un 8%, respectivamente, en relación ao
ano pasado.
Ademais, en termos de
mercado, de xaneiro a xuño, produciuse en Galicia tamén un incremento de
viaxeiros internacionais dun 7,4% acadando preto de 600.000 viaxeiros. Con
estas cifras, o peso do turismo internacional representou nos seis primeiros
meses do ano o 29,9% dos viaxeiros segundo orixe.
En termos de pernoitas, o
mercado estranxeiro tamén medra, neste caso preto dun 12% con respecto ao ano
pasado. As pernoitas do mercado internacional supuxeron no primeiro semestre
máis de 950.000, o que supón máis do 26% do total.
Incremento de case 3 puntos porcentuais en xuño
En xuño, máis do 87% da
demanda turística regrada na nosa comunidade correspondeu aos establecementos
hoteleiros. As pernoitas en hoteis supuxeron máis do 67% e as das pensións foron
do 16%. En canto aos establecementos extrahoteleiros, os cámpings supuxeron no
mes de xuño preto do 9% da demanda.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta