Un ano máis participo en Baiona na 33 edición da Carreira
Pedestre Popular "Andar e Correr" que nesta ocasión estreou o Camiño
Portugués pola Costa, que foi declarado oficialmente como ruta xacobea en
2016.
A proba
organizada pola Concellería de Deportes e Actividades Marítimas contou nesta
ocasión cun total de 1.808 participantes dos que 1.227 corresponderon á
categoría de Adultos e o resto a Alevíns, Benjamines e Chupetes.
Nunha mañá moi calorosa corremos os adultos, un total de 10
quilómetros. Saímos desde a entrada do Parador, o paseo de Elduayen, as rúas do
Centro histórico e acometemos a dura subida de San Antón, ata alcanzar Baredo e
regresar pola estrada da Guarda e o Rompeolas para finalizar na meta instalada
no parque da Palma.
Entre os participantes atopábase o que foi alcalde de Baiona
e hoxe é Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña.
Felicidades á Concellería, pola perfecta organización que
ademais contou con 150 voluntarios.