Publica hoxe o BOE a resolución da Secretaría Xeral de Infraestruturas de data 20 de xullo de 2017 pola que se abre Información Pública correspondente ao Expediente de Expropiación Forzosa 018ADIF1717 que se tramita con motivo das obras do ADIF-Alta Velocidade, Proxecto de construción de plataforma. Liña de alta velocidade Madrid-Galicia. Tramo: Ramal de conexión coa liña convencional en Taboadela, no termo municipal de Taboadela (Ourense)
Durante un prazo de 15 días hábiles os titulares dos bens e dereitos afectados pola execución das obras e todas as demais persoas ou entidades interesadas, poderán formular por escrito as alegacións que consideren oportunas.
Do mesmo xeito resólvese convocar aos propietarios dos bens e dereitos afectados, ao levantamento das actas previas á ocupación en varios días do mes de setembro.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta