O Ministerio de Fomento, segundo publica hoxe o Boletín Oficial do Estado, licitou un contrato de servizos para a execución de diversas operacións de conservación e explotación en estradas do Estado na provincia de Ourense. O orzamento de licitación ascende a 10,20 millóns de euros.
As estradas son as incluídas no sector nº 3, que comprende:
Autovía A-52, quilómetros 176,0 a 267,1.
Estrada OU-11, quilómetros 0,0 a 1,9 (acceso centro a cidade de Ourense)
CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS:
Os contratos de servizos para a execución de operacións de conservación e explotación na Rede de Estradas do Estado teñen por obxecto realizar os traballos de servizos de comunicacións, servizos de vixilancia, atención a accidentes, mantemento dos elementos da estrada, mantemento sistemático das instalacións de subministración de enerxía eléctrica, iluminación, sinalización variable e semaforización.
Ademais, inclúense os labores de establecemento de inventarios e recoñecementos de estado, axenda de información de estado e funcionamento da estrada, programación, coordinación, seguimento e información da execución dos traballos, actuacións de apoio á explotación, estudos de accidentalidade e informes de seguridade viaria.
Así mesmo, realizaranse os traballos de roza, fresados e reposición do firme, limpeza de cunetas, e en xeral, todos os labores de conservación ordinaria das vías ao seu cargo.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta