Informaba onte Adif adxuicou, por
importe de 1.959.146 euros (IVE incluído), a asistencia técnica para a
realización dos estudos e proxectos construtivos necesarios para a electrificación
do tramo Monforte de Lemos-Lugo da liña convencional Ourense-Lugo.
A
electrificación deste tramo, de 70 km de lonxitude, permitirá dar continuidade
á electrificación xa en servizo do eixo Ourense-Monforte e León-Monforte. Deste
xeito conseguirase un incremento na potencia de tracción das circulacións
ferroviarias e, por tanto, a redución dos tempos de viaxe entre Ourense e Lugo.
O investimento previsto nesta actuación elévase aproximadamente a 83,5 millóns
de euros.
O obxectivo do
contrato adxudicado, que ten un prazo de execución de 12 meses, é definir e
detallar os traballos para realizar na fase de execución das obras,
redactándose, entre outros, os seguintes estudos:
- Definición
da liña aérea de contacto (catenaria), ademais do correspondente proxecto
construtivo.
- Subestacións
eléctricas de tracción, así como os seus emprazamentos, características
principais e acometidas ás liñas de alimentación, e os proxectos construtivos
asociados.
- Estudos de
instalacións de seguridade, gálibos en túneles e pasos superiores, cos proxectos
construtivos necesarios.
- Detección
dos servizos afectados pola electrificación da liña.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta