Da actualidade
institucional de hoxe destaco o discurso pronunciado polo presidente do
Tribunal Supremo e do Consello Xeral do Poder Xudicial, Carlos Lesmes no Salón
de Plenos do Tribunal Supremo con motivo do acto de apertura do Ano Xudicial,
presidido por El Rey.
Lesmes afirmou que
a indisoluble unidade da Nación española que proclama o artigo 2 da
Constitución é un “mandato xurídico directo” que corresponde garantir ao Poder
Xudicial “xunto ao resto dos Poderes do Estado. En definitiva, un deber para
todos nós de inescusable cumprimento”.
O presidente do
Poder Xudicial engadiu que ese mandato de unidade non expresa, con todo, unha
vontade uniformadora no que se refire a cuestións como a lingua, a cultura ou a
relixión, senón que se caracteriza “pola súa vontade de respecto á diversidade
existente na nosa sociedade, e que ademais é propia das nacións avanzadas”.
“Por iso, as
vontades unilaterais que pretenden dispoñer da Constitución e que só contemplan
como mecanismo de preservación do que consideran máis propio a ruptura ou a
separación son inaceptables e violentan a propia democracia, pois ningún
principio democrático pode amparar nin lexitimar que unha parte dispoña do todo”,dixo.
Dixo que
corresponde aos xuíces “amparar a todos os servidores públicos, de calquera
clase que sexan, encargados de facer cumprir a Lei en calquera parte do
territorio nacional” e que, fronte ás “inaceptables” vontades unilaterais que
só contemplan a ruptura ou a separación como mecanismo de preservación do que
consideran máis propio, “ninguén sufrirá por cumprir a Lei”.
Lesmes concluíu
lembrando que os xuíces deben asegurar os dereitos recoñecidos na Constitución
e nas leis, “especialmente con relación a aqueles cidadáns que poidan sentirse
ameazados polo lexítimo exercicio deses dereitos”, e que tamén lles corresponde
“amparar a todos os servidores públicos, de calquera clase que sexan,
encargados de facer cumprir a Lei en calquera parte do territorio nacional”, e
sinalou que un Poder Xudicial único, forte e independente “é a mellor garantía
da liberdade e a igualdade dos españois”.
Comparto íntegramente estas mensaxes que acreditan a importancia de respectar a división de poderes que proclama a Constitución.
Comparto íntegramente estas mensaxes que acreditan a importancia de respectar a división de poderes que proclama a Constitución.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta