Os principais datos
da mesma son:
O 98,7% das
empresas de 10 ou máis empregados dispón de conexión a Internet no primeiro
trimestre de 2017. Destas empresas, o 82,4% usa banda larga móbil para a
conexión a Internet. Doutra banda, oito de cada dez empresas con conexión a
Internet dispón de sitio/páxina web. Nas de 250 ou máis empregados, esta
porcentaxe alcanza o 95,7%.
O 77,1% das
empresas utilizan a firma dixital nalgunha comunicación con axentes externos,
dous puntos máis que o mesmo trimestre do ano anterior (75,1%). Delas, o 99,0%
emprégaa para relacionarse coas Administracións Públicas e o 21,5% para facelo
con provedores e clientes. O 87,0% das empresas emprega sistemas internos de
seguridade. Os máis usados son a autenticación mediante contrasinal seguro
(94,2%) e o backup de datos externo (62,3%). Tres de cada cinco empregados usan
computadores con fins empresariais e máis da metade dos empregados usa
computadores con conexión a Internet. Durante o primeiro trimestre de 2017, o
82,4% das empresas dispoñen de banda larga móbil e o 95,0% de banda larga fixa
(82,9% e 94,9% no mesmo período de 2016, respectivamente).
Tipos de conexión a
Internet
O 99,4% das empresas de 10 ou máis empregados
con conexión a Internet acceden á rede mediante algunha solución de banda larga
(fixa ou móbil).
Para as empresas
con banda larga fixa a tecnoloxía máis utilizada é a conexión mediante
solucións DSL (69,1%). Con todo, no caso das empresas de 250 ou máis empregados
a máis usada son as redes de cable e fibra óptica (81,4%).
Uso de medios
sociais
O 49,6% das empresas con conexión a Internet
usan algún dos medios sociais por motivos de traballo no primeiro trimestre de
2017. Delas, o 94,4% utilizan redes sociais.
O 92,0% das
empresas que usan medios sociais cren que son útiles en maior ou menor medida
para desenvolver o seu negocio, fronte ao 91,5% do primeiro trimestre do ano
anterior.
Especialistas TIC
O 22,1% de empresas
empregan a especialistas en TIC. Destas, o 48,1%, empregan a mulleres
especialistas en TIC no primeiro trimestre de 2017. No 4,6% de empresas con
especialistas TIC, polo menos a metade destes especialistas son mulleres. O
67,4% das empresas de 250 ou máis empregados con especialistas TIC empregan a
mulleres desta especialidade.
Facturación
Durante o ano 2016 sete de cada oito empresas
enviaron facturas a outras empresas ou Administracións Públicas. Destas
empresas, o 37,8% fixérono en formato electrónico que permite o seu
procesamento informático automático (non inclúe os correos electrónicos, nin os
adxuntos en pdf dos mesmos, imaxes, etc.). O ano anterior, este tipo de
facturas representaron o 31,2% das facturas enviadas. Por outra banda, o 18,3%
das empresas enviaron as súas facturas utilizando só formato papel en 2016,
fronte ao 21,5% do ano 2015.
Uso das TIC por
comunidades autónomas
As empresas de 10 ou máis empregados cuxas
sedes sociais están situadas en Cataluña, Comunidad de Madrid e Comunitat
Valenciana presentan as maiores intensidades no uso das TIC no primeiro
trimestre de 2017 1 . Pola súa banda, as empresas da cidade autónoma de Melilla
e as comunidades autónomas de Canarias e Castela-A Mancha teñen as menores
porcentaxes no uso das tecnoloxías da información.
Comercio
electrónico
Vendas mediante comercio electrónico en 2016
As vendas a través de comercio electrónico representaron o 16,6% do total de vendas efectuadas polas empresas de 10 ou máis empregados, fronte ao 15,7% do ano anterior. O 15,0% das empresas realizaron vendas mediante comercio electrónico por páxina web ou aplicacións móbiles (apps). O valor total destas transaccións foi de 85.542,9 millóns de euros, o que supuxo o 37,5% do total de vendas de comercio electrónico.
Compras mediante
comercio electrónico en 2016
O 31,4% das
empresas con 10 ou máis empregados realizaron compras mediante comercio
electrónico en 2016. O volume total dos pedidos de bens e servizos realizados a
través de comercio electrónico foi de 199.324,6 millóns de euros, cun aumento
do 1,0% respecto de 2015. As ramas de actividade con maior porcentaxe de empresas
que compraron a través de comercio electrónico foron o Sector TIC (59,5%) e
Información e comunicacións (52,5%).
As compras a través de comercio electrónico representaron o 20,7% das compras totais das empresas de 10 ou máis empregados, fronte ao 20,3% do ano anterior. O 30,4% das empresas realizaron compras mediante comercio electrónico por páxina web ou aplicacións móbiles (apps). O valor total destas transaccións foi de 63.767,8 millóns de euros, o que supuxo o 32,0% do total de compras de comercio electrónico.
As compras a través de comercio electrónico representaron o 20,7% das compras totais das empresas de 10 ou máis empregados, fronte ao 20,3% do ano anterior. O 30,4% das empresas realizaron compras mediante comercio electrónico por páxina web ou aplicacións móbiles (apps). O valor total destas transaccións foi de 63.767,8 millóns de euros, o que supuxo o 32,0% do total de compras de comercio electrónico.
Uso das TIC en
empresas de menos de 10 empregados
O 73,1% das empresas de menos de 10 empregados
dispón de computadores, segundo os datos do primeiro trimestre de 2017. O 70,2%
das microempresas dispón de acceso a Internet e o 99,0% delas accede mediante
algunha solución de banda larga. En canto ao tipo de conexión, as empresas con
banda larga fixa son o 87,7% e as que acceden a internet por banda larga móbil
o 72,6%. O 29,8% destas empresas, con conexión a Internet, dispón de páxina
web, fronte ao 31,5% do ano anterior.
O 4,5% das empresas
con menos de 10 empregados realizaron vendas por comercio electrónico no último
ano e as 15,7% compras.
Fonte: INE
Fonte: INE
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta