Durante moitos anos neste blog, escribí entradas falando dos
graves problemas que aqueixaban ao sector naval de Galicia, sen carga de
traballo en con enormes problemas de viabilidade, algúns derivados de multas e prohibicións da UE.
Hoxé é unha satisfacción para mín, poder resaltar esta nova
acontecida hoxe, que foi o acto de entrega no estaleiro vigués, Freire do buque
escola N/C 705 K.R.I Bima Suci para o Ministerio de Defensa da República de
Indonesia.
Neste acto o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo,
afirmou que a actual carteira de pedidos dos estaleiros galegos constata a
aposta da industria naval galega pola diversificación e a innovación
tecnolóxica como tarxeta de presentación e imaxe de marca.
Feijóo
aseverou que o sector soubo facer da innovación e da diversificación a súa
aposta de futuro, como proban os sete buques que neste primeiro semestre do ano
saíron das gradas galegas. “Hoxe, falar do naval galego é falar de
remolcadores, pesqueiros, buques oceanográficos, ferris, cruceiros de luxo ou
eólica mariña”, salientou, incidindo en que a especialización tecnolóxica,
reforzar o prestixio internacional e afianzar a súa competitividade son os
compromisos do sector.
Así
mesmo, lembrou que a renovación da flota pesqueira está a ser outro dos nichos
de mercado, cun total de 12 buques en fase de construción en varios estaleiros
galegos.
Ao
longo da súa intervención, Feijóo resaltou que Galicia é a comunidade que
actualmente lidera o número de contratos logrados en toda España: no primeiro
semestre de 2017, o 47% dos contratos adxudicados ao sector en toda España
foron firmados en Galicia. E a carteira de pedidos en vigor, representa algo
máis do 40% do total de España.
O
titular da Xunta asegurou que este buque escola que se entrega á Armada de Indonesia,
o maior buque escola construído ata o momento na ría de Vigo, demostra a
capacidade da Comunidade galega para liderar o sector en toda España e para
competir en concursos internacionais altamente esixentes e gañalos.
Nesta
liña, destacou que fixeron falta dous anos de traballo e preto de 300
traballadores para, hoxe, ver materializado todo ese esforzo neste buque de
máis de 100 metros de eslora, con todos os servizos necesarios para os alumnos
que van formar parte da súa tripulación.
Parabens a Freire e a todos os traballadores e empresarios do sector naval galego.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta