sábado, 30 de septiembre de 2017

Fixarse no traballo e no espírito galeguista do PP de Ourense

Asisto onte en Os Miragres, Baños de Molgas á VII Convención de cargos públicos do PP de Ourense.

Nel falaron Eladio Mangana, Avelino García Ferradal, Marta Nóvoa, Miguel Ángel Viso y Melisa Macía Domínguez.

O presidente, Manuel Baltar afirmou que éste "é un partido con moita cabeza, pero sobre todo con corazón, de onde debe saír o noso compromiso con todos, sen esquecernos da mocidade, dos maiores ou dos emigrantes".

Engadiu que se sentía orgulloso dun partido que conseguiu os mellores resultados nunhas xerais; hai un ano nunhas autonónicas, e agora estamos determinados a obter no 2019 os mellores resultados históricos nunhas eleccións locais"

Un acto que pechou o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, reivindicando que o que leva feito o Goberno autonómico no primeiro ano de lexislatura “é o mellor aval para o que poderemos facer ata 2020”.

Na semana que se cumpriu un ano da terceira maioría absoluta consecutiva do PPdeG, o presidente quixo lembrar que “o que se decidiu hai un ano non foi se Feijóo non ou Feijóo si... foi se en Galicia non ou se en Galicia si”. Deste xeito, cre que a Comunidade dixo un “si” á estabilidade, á responsabilidade e ao traballo do seu partido nos concellos, nas provincias e ao proxecto que ten para o conxunto de Galicia porque “os cidadáns seguimos preferindo maioritariamente a estabilidade construtiva, esa que rexeita o non a todo para instalarse na utilidade do si”.

O presidente tamén lembrou que fai un os populares presentáronse ante os cidadáns “cun balance claro e un proxecto sólido”. “Fronte a unhas opcións que eran unha incógnita, nós eramos a única opción que os galegos podían identificar claramente”, engadiu.

Neste sentido, recordou que na campaña electoral “comprometémonos a traballar e cumprimos”, e puxo enriba da mesa as melloras acadas na Sanidade pública, como o Hospital 2050 de Ourense que xa está rematado e listo para entrar en servizo; os avances en Educación como a extensión do plurilingüismo e a implantación de materias innovadoras”; ou os máximos históricos de exportacións e turismo dos últimos meses.

O líder dos populares galegos insistiu en que o seu partido sabe entender “o que os galegos esperamos dos representantes políticos”. “Esta é a política á galega da que falamos hai un mes en Cotobade”, apuntou referíndose ao servizo público baseado nos feitos, no longo prazo, na lealdade e “o diálogo, o rigor e as solucións”.

“Cando un Goberno crea máis problemas que solucións non é porque sexa o mellor rebelde, o mellor independentista ou o mellor rupturista: tan só é o peor Goberno”, subliñou, e ilustrou o seu argumento coa situación que se vive actualmente en Cataluña á que cualificou como unha Comunidade “traballadora, perseverante e orgullosa do seu”. “Os dirixentes cataláns non só están inventando problemas entre Cataluña e España” reprochoulles, engadindo que tamén están inventando problemas entre os propios cataláns.

UN GALEGUISMO “CORDIAL E INTEGRADOR”

O presidente dos populares tamén lle reprochou aos nacionalistas que o desafío separatista “nace dunha falacia: que para ser máis catalán hai que ser menos español”, que contrapuxo co “galeguismo cordial e integrador” da nosa Comunidade. “Nós sabemos que ser máis galegos significa ser máis españois e máis europeos”, resaltou.

Este “galeguismo construído desde as pequenas cousas”, como o identificou, fundaméntase en defender os intereses dos veciños e mellorar as nosas vilas e aldeas. “Nós sabemos que aos galegos é moito máis o que nos une có que nos separa; somos máis de cumprir ca de prometer e somos máis de facer ca de desfacer”, resumiu. 


Por todo iso na súa conclusión convidou aos cidadáns cataláns que non estean de acordo coa deriva do seu Goberno e busquen unha alternativa a que se fixen en Galicia, unha terra da que destacou a súa tolerancia, o espírito integrador e a “identidade compartida”. “Poden fixarse en que desde o diálogo e a legalidade prospérase máis. Poden fixarse no traballo e no espírito galeguista do PP de Ourense”, pechou.