Hoxe o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo visitou
en Ourense o IES Eduardo Blanco Amor con
motivo do inicio do curso na ESO, bacharelato, FP e as ensinanzas de réxime
especial. Un Instituto onde cursou Bacharelato e o Curso de Orientación
Universitaria (COU) entre os anos 1976 y 1979.
Destacou a aposta do ensino galego por anticipar as necesidades que terá a nosa sociedade no futuro, co plurilingüismo e a educación dixital e tecnolóxica.
Destacou a aposta do ensino galego por anticipar as necesidades que terá a nosa sociedade no futuro, co plurilingüismo e a educación dixital e tecnolóxica.
“Na Galicia de mañá, todos os alumnos do ensino obrigatorio galego terán a posibilidade de educarse nun sistema plurilingüe; poderán acceder a formación en robótica e programación; haberá un bacharelato de excelencia que aposte polas ciencias e as matemáticas; e todos contarán con acceso ao libro dixital”, aseverou.
Nesta visita Feijóo subliñou que todas estas medidas xa están
deseñadas na folla de ruta que segue o ensino galego, como a Estratexia galega
para a educación dixital 2020, aprobada onte no Consello da Xunta.
Ao
longo da súa intervención, o responsable do Executivo autonómico lembrou que, a
día de hoxe, son xa máis de 100.000 os mozos de colexios e institutos que
reciben un ensino plurilingüe; hai máis de 80 centros educativos que imparten
educación plurilingüe en infantil e outros catro que a introducen no
bacharelato; e, nos últimos tres cursos, se puxeron en marcha 13 materias de
libre configuración autonómica, como Oratoria ou Métodos estatísticos.
Nesta
mesma liña, salientou que en Galicia o transporte escolar é totalmente gratuíto
e chega a preto de 90.000 alumnos.
Feijóo
destacou o esforzo e a implicación de toda a comunidade educativa que fixo
posible que, entre 2009 e 2016, Galicia reducise a taxa de abandono escolar
temperán pasando do 26% ao 15%.
Así
mesmo, recordou que o 92% do alumnado con necesidades educativas especiais está
plenamente integrado na educación e estuda nos mesmos centros que os seus
compañeiros, grazas ao excelente labor dos máis de 3000 profesionais que lles
brindan atención.
O titular da Xunta rematou agradecendo o traballo do profesorado
e a súa aposta polo futuro e por contribuír a facer unha Galicia máis libre,
máis solidaria e máis culta.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta