Leo con satisfacción a información dada onte polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en rolda
de prensa do Consello, valorando a liña ascendente do sector turístico galego
con cifras de ata o 95% de ocupación hoteleira durante o verán, tal e como
reflicte o informe preliminar presentado tras a sondaxe feita desde Turismo de
Galicia para avaliar o nivel de ocupación no verán.
En función dos diferentes destinos turísticos, o responsable do Goberno galego precisou que, segundo o informe: A Coruña rexistrou unha ocupación media dun 82% e un crecente peso do turismo internacional, xa que tres de cada dez turistas que pernoitaron na cidade eran estranxeiros. En Santiago de Compostela, as cifras de ocupación situáronse entre o 85 e o 95% e o peso do turismo estranxeiro subiu considerablemente cunha importancia que oscila entre un 30 e un 40%. E, no caso de destinos como Ferrol, os establecementos consultados apuntan a unha ocupación entre un 76 e un 92% e con prezos hoteleiros á alza,
En
relación a cidade de Vigo, a ocupación oscilou entre un 80 e un 95% e na cidade
de Pontevedra as cifras de ocupación movéronse no arco do 70 ao 95%, cun moi bo
comportamento en agosto.
De
entre os datos que apunta o sector, Feijóo destacou que, ademais da ocupación,
tamén se incrementa a rendibilidade. Deste xeito, asegurou que a mellora da
ocupación, combinada coa recuperación das tarifas, facilitou que “o ingreso por
habitación ocupada crecese un 10,2% ata chegar aos 42 millóns de euros”,
recordando que este incremento dos ingresos traduciuse nunha mellora do
emprego. Non en van, os últimos datos oficiais, correspondentes a xullo,
indican que as afiliacións á Seguridade Social no sector turístico medraron un
2,8% con respecto ao ano anterior.
Cómpre
salientar ademais que, no mes de xullo de 2017, os tres aeroportos galegos
recibiron un 5,9% máis de persoas que o ano anterior.
En
relación ao Camiño de Santiago, Feijóo afirmou que tamén segue crecendo: nos
meses de xullo e agosto expedíronse arredor de 105.150 compostelas, un 6% máis
que en 2016.
O
titular da Xunta concluíu a súa intervención asegurando que este datos
constatan que Galicia non só atrae cada vez a máis persoas, senón que cada vez
atrae un turismo de maior calidade, o que permite que o sector turístico siga
sendo unha das locomotoras do crecemento económico.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta