O vindeiro luns 11 de setembro comezarán en Galicia as clases nos ciclos de infantil, primaria e educación especial para 197.364 escolares, e por elo recorda hoxe a Xunta de Galicia que ese mesmo día porá en marcha a nova
modalidade de autobús compartido, que permite o uso por parte do conxunto da
cidadanía das prazas baleiras de 513 liñas de transporte escolar,
aproximadamente o 10% do total.
As rutas incluídas nesta
modalidade identificaranse a través dun distintivo de ‘Bus compartido’ que
deberán portar os vehículos nun lugar visible.
Conforme as condicións
contractuais do Plan de transporte público de Galicia, os horarios, as paradas
e os itinerarios do transporte escolar permanecerán intactos, agás polas
modificacións derivadas das propias necesidades educativas, habituais no
principio do curso.
As empresas titulares das liñas
deberán publicitar os horarios dos servizos, así como das súas modificacións
cando se produzan, coa fin de que a poboación poida coñecer as novas
posibilidades de mobilidade que teñen ao seu alcance.
Así mesmo informa a Xunta que
os responsables de efectuar os servizos teñen instrucións precisas de coñecer
de antemán os percorridos e as paradas do transporte escolar, xa que a súa
obriga, recollida nos contratos, é atender con carácter prioritario as
necesidades do alumnado.
A Administración autonómica
informou aos centros cuxas liñas de transporte forman parte deste novo sistema,
e como na totalidade do transporte escolar, estes comunicaron as modificacións
puntais precisas para atender ao alumnado.
Con motivo da posta en marcha
desta nova modalidade, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda anuncia que desenvolverá
un plan especial de inspeccións no que contará coa colaboración da Garda Civil
para velar polo correcto funcionamento do sistema.
Ademais, todas as liñas de
autobús compartido contarán coa presenza dun monitor acompañante.
Os meus desexos de que esta
nova modalidade de transporte mellore o servizo aos escolares e aos habitantes
do rural que están necesitados dunha maior e mellor mobilidade.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta