Celebrar a presentación hoxe en Ourense do proxecto de mellora da seguridade viaria da rúa Otero Pedrayo, cuxas obras
se licitarán nas vindeiras semanas para inicialas no primeiro trimestre do
próximo ano e rematalos a principios de 2019.
Un acto protagonizado pola conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez,
acompañada da delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, e do
alcalde, Jesús Vázquez.
Vázquez Mourelle explicou que
este proxecto ambicioso, no que o Goberno galego inviste arredor de 2,2 millóns
de euros, ten como obxectivo dar resposta ás necesidades dos veciños da zona e
dos alumnos do campus, atendendo, na medida do posible, as solicitudes do
Concello e do Vicereitorado da Universidade.
Os traballos que se van
levar a cabo consistirán na remodelación da Avenida Otero Pedrayo nos 2
primeiros quilómetros de cara a reducir riscos e lograr unha mellor integración
urbana. Actuarase nalgunhas das interseccións existentes, coa execución de dúas
glorietas: a primeira delas, no acceso ao Campus Norte e á parroquia da
Asunción; e a segunda no acceso cara ao barrio da Rabaza, co obxectivo de
separar o tráfico que se dirixe cara esta parte da cidade, do que discorre pola
vía de servizo que dá acceso aos comercios e garaxes da zona.
Tamén se mellorará a
travesía, coa dotación e reparación de beirarrúas e a posta a punto das actuais
vías de servizo. Ademais, renovarase a rede de abastecemento, a drenaxe e o
saneamento, así como a iluminación, coa instalación de luminarias led, de menor
consumo enerxético. Acometeranse actuacións complementarias, como a mellora do
firme, a reordenación de aparcadoiros ou a instalación de semáforos con
pulsador para favorecer o paso dos peóns.
A conselleira subliñou que
esta actuación incidirá nunha maior seguridade viaria; nunha mellor integración
da Avenida Otero Pedrayo con todo o contorno; e favorecerá a accesibilidade e
os desprazamentos cara o campus universitario e cara outros barrios da cidade.
Ethel Vázquez fixo fincapé
en que esta actuación favorecerá o desenvolvemento económico e social de
Ourense e contribuirá a ‘facer cidade’, como amosa a previsión de instalación
de elementos de auga, símbolo da urbe das Burgas, nas glorietas.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta