lunes, 30 de octubre de 2017

A economía española creceu un 0,8% entre xullo e setembro


Difunde hoxe o INE a Estimación avance do PIB trimestral. Base 2010 correspondente ao Terceiro trimestre de 2017 

Así sabemos que o Produto Interior Bruto (PIB) xerado pola economía española rexistra unha variación do 0,8% no terceiro trimestre de 2017 respecto ao trimestre precedente, segundo a Estimación avance do PIB trimestral.


Esta taxa é unha décima inferior á rexistrada no trimestre anterior.

A variación anual do PIB no terceiro trimestre de 2017 é do 3,1%, taxa similar á rexistrada no segundo trimestre do ano.

O INE dará a coñecer os datos detallados da Contabilidade Nacional o próximo 30 de novembro.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta