Ademais da actividade plenaria ordinaria, a próxima semana
terá no Congreso unha intensa actividade en Comisións.
Así por exemplo, o ministro de Fomento, Íñigo de la Serna,
comparecerá o xoves 19 ás 16,30 horas, a
petición propia para explicar, na Comisión de Fomento, o Plan Extraordinario de
Investimentos en Estradas que anunciou o presidente do Goberno, Mariano Rajoy,
o pasado mes de xullo. Así mesmo, De la Serna informará sobre o modelo de
colaboración público-privada en materia de infraestruturas.
Neste mesmo blog publicaba o 14 de xullo unha entrada na que
daba conta de que nese día tiña asistido no Complexo da Moncloa, a un
acto presidido polo presidente do Goberno, Mariano Rajoy, acompañado polo Ministro de Fomento, Íñigo de la Serna no que foi presentado o Plan Extraordinario de Investimento en
Estradas (PIC), un novo mecanismo de financiamento de infraestruturas
viarias que leva un investimento de 5.000 millóns de euros e que permitirá
actuar sobre máis de 2.000 km nos próximos 4 anos.
Este
plan pretende ser un novo impulso ás infraestruturas no noso país, que se sitúa
nestes momentos á cabeza en crecemento e creación de emprego en Europa e que
está a piques de superar o procedemento de déficit excesivo.
E está baseado na colaboración co sector privado e
marcado polo compromiso de España de reducir o déficit público, multiplicará
por seis a capacidade de gasto que permite o orzamento dun ano.
Agardemos
a coñecer nesta vindeira comparecencia máis detalles deste plan
de investimento en estradas.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta