Son os seguintes:
O número de parados
rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego Estatal (SEPE) subiu
en setembro en 27.858 persoas (0,82 %) en relación co mes anterior.
Nos últimos 8 anos neste mesmo mes o paro rexistrado tiña aumentado en case 50.000 persoas
(49.764). Así, a cifra total de parados rexistrados sitúase en 3.410.182.
Mantense así no seu nivel máis baixo dos últimos 8 anos.
En termos
desestacionalizados o paro volve diminuír e faio en 16.451 persoas.
Nos 12
últimos meses, o paro reduciuse en 310.115 persoas, mantendo un mes máis un
ritmo intenso de redución interanual do desemprego do - 8,34%.
Durante os 9
primeiros meses de 2017 o desemprego diminuíu en 292.792 persoas. O paro
rexistrado aumenta en 12 comunidades autónomas, encabezadas por Andalucía
(10.273) e Estremadura (4.486). Baixa nas cinco restantes, lideradas por
Castela-A Mancha (-4.135) e Comunidade Valenciana.
Por sectores
económicos de procedencia dos traballadores, o paro rexistrado diminúe en
Construción (-9.667), en Agricultura e Pesca (- 4.838) e en Industria (-3.622).
Sobe, con todo, en Servizos (29.601) e entre o colectivo de persoas sen emprego
anterior (16.384)
O número de contratos indefinidos crece 12,7% O número de
contratos rexistrados durante o mes de setembro foi de 1.993.267. Supón unha
subida de 86.267 (4,52%) sobre o mesmo mes de 2016.
En canto á contratación
indefinida no mes de setembro rexistráronse 192.690 contratos desta modalidade.
Supón un aumento de 21.678 (12,68%) sobre igual mes do ano anterior e é o
mellor dato desde o inicio da recuperación.
Acumúlanse así 44 meses de
crecemento interanual ininterrompido da contratación indefinida. Os contratos
indefinidos do mes de setembro a tempo completo incrementáronse un 15,4%. En
termos acumulados nos nove primeiros meses alcanzaron 838.275, o 13,67% máis
que en igual período do ano pasado e é a modalidade que máis crece.
Hai que
destacar que nos nove primeiros meses de 2017 a contratación indefinida entre
os menores de 25 anos crece ao 21%.
Ourense:
Medra o
paro rexistrado en setembro en relación co mes anterior en 30 persoas, un 0,15 %.
A nivel
interanual, isto é, con respecto a setembro do ano pasado, 448 persoas saíron en Ourense das listas do
paro, o que supón unha caída do desemprego do – 2,13 %.
O número
de parados queda en 20.601, deles 8.655 son homes e 11.946 mulleres, 19.468 son
maiores de 25 anos e 1.133 menores.
Por
sectores, 1.024 son da agricultura, 2.489 da industria, 1.940 da construción, 13.092
nos servizos e 1.948 do colectivo sen emprego anterior.
Galicia:
O paro
rexistrado de Galicia medrou en setembro en 2.932 persoas con respecto
a agosto (un 1,62 %).
O número
de parados queda en 184.057, deles 78.343 son homes e 105.714 mulleres, 174.862
son maiores de 25 anos e 9.195 menores.
Por
sectores, 6.441 son da agricultura, 21.240 da industria, 17.433 da construción,
122.537 nos servizos e 16.406 do colectivo sen emprego anterior.
A nivel
interanual, isto é, con respecto a setembro do ano pasado, 10.279 persoas
saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do
desemprego do – 5,29 %.
Avaliando os datos de setembro de xeito illado, é
un resultado negativo tras 7 meses de baixadas consecutivas (de febreiro a
agosto de 2017). Nesta ocasión, ao final do verán, súmase que, a tempada da
vendima se adiantou a agosto en moitos puntos de Galicia e que no sector
servizos vivimos en xullo e agosto máis contratacións que en anos
anteriores.
A subida do paro este mes está, polo tanto, asociada á caída
do emprego estacional.
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es