Dentro de este proxecto a Consellería de Infraestruturas e Vivenda prevé incrementar en máis
dun 52% o investimento na provincia de Ourense no ano 2018.
Así o proxecto de
Orzamentos da Xunta para o vindeiro ano consigna máis de 72,8 millóns de euros
a actuacións en Ourense, fronte aos 47,79 millóns de euros presupostados o
pasado ano.
Desa forma, o investimento ‘per capita’
previsto pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda en Ourense será o maior
das catro provincias e superará os 231 euros por habitante.
Este incremento do orzamento permitirá dar un importante impulso ás
Este incremento do orzamento permitirá dar un importante impulso ás
Realizarase, ademais, un importante
esforzo en materia de seguridade viaria, con 610.000 euros consignados para
actuacións deste tipo, entre as que destacan as destinadas á eliminación de
treitos de concentración de accidentes. O reforzo dos firmes nas vías de
titularidade autonómica da provincia suporán un gasto de 5 millóns de euros,
mentres que a vialidade invernal absorbe 5,84 millóns.
Vivenda pública e rehabilitación
Increméntase tamén de forma notable o
Orzamento do Instituto Galego da Vivenda e Solo na provincia de Ourense, onde
pasa dos 4,95 millóns de euros de 2017 a 8,54 millóns en 2018.
Entre as partidas más destacadas
están os 6,75 millóns de euros consignados para a rehabilitación de vivendas,
que permitirán, entre outras actuacións, desenvolver o programa Rexurbe na
provincia. Con ese fin resérvanse 2,5 millóns de euros para a adquisición e
recuperación de edificios, entre outros, nos cascos históricos de Ourense e
Ribadavia para destinalos a vivenda social.
Ao mesmo tempo, recóllese un
investimento de 420.000 euros para avanzar na execución das vivendas de
promoción pública iniciadas no barrio de Covadonga e no casco histórico.
Inicio da estación intermodal
O presuposto da Dirección Xeral de
Mobilidade para a provincia de Ourense aumenta aos 13,33 millóns de euros como
consecuencia da posta en marcha do Plan de transporte público de Galicia.
Destaca neste capítulo a partida de
2,7 millóns de euros consignada para o inicio das obras da estación intermodal
de Ourense, así como os 260.000 euros recollidos para a posta en marcha do Plan
de transporte metropolitano na comarca.