Fun entrevistado na
miña condición de presidente da Comisión de Fomento do Congreso, para falar de
temas ferroviarios.
Falamos en primeiro
lugar da conexión en alta velocidade entre Galicia e Madrid.
Falei de que a
posta en servizo da liña de alta velocidade entre Zamora e Taboadela vai
desenvolver en dúas fases; unha inicial prevista para o tramo Zamora- Pedralba,
cuxa data prevista de finalización de obras e inicio de probas está fixada para
finais de 2018, que quedará completada nunha segunda fase.
Dixen que na
primeira fase a vía dobre entre Zamora-Pedralba chegará ao 89,1 % e entre
Pedralba-Taboadela do 66,8%. E que nunha segunda fase estas porcentaxes
achegaranse ao cento por cento coa finalización
das obras ata Taboadela a finais de 2019.
E tamén falei dos avances na execución das obras
desde Zamora ata Taboadela. Nas plataformas, na base de montaxe de La Hiniesta,
na construción os viadutos e túneles, da licitación onte mesmo da nova estación de Otero de Sanabria. etc.
Todo iso acredita a superación dos
problemas de paralización que houbo fai meses nalgúns tramos e contribúe a ver
máis preto o cumprimento do obxectivo temporal marcado.
Dixen que o Ministerio de Fomento pediu á Subdirección
Xeral de Avaliación ambiental do MAPAMA que active ese tramitación. Reiterei o
que o ministro , ïñigo da Serna expresou a finais de xullo, o compromiso co acceso
directo en AVE a Vigo desde Ourense.
Preguntado polo
Eixo Atlántico, falei en primeiro lugar da instalación do sistema ERTMS que avanza con celeridade, coa
instalación dun dous mil balizas, logo virán as probas e a homologación dos maquinistas.
Dixen que este corredor hoxe moi seguro verá incrementada máis seguridade
Acheguei o dato de
que nos oito primeiros meses de 2017 os trens do Eixo (Coruña-Vigo) moveron
1.872.250 viaxeiros, un 7,60 % máis que no mesmo período de 2016 (1.739.900).
Sinalei que estamos nunha cifras que acreditan que os vigueses, pontevedreses,
vilagarciáns, santiagueses e coruñeses utilizan con intensidade ese tren de
alta calidade e prognostiquei que esas cifras seguirán incrementándose no
futuro.
Preguntado polo tren
Celta, acheguei o dato de que desde xaneiro ata finais de setembro de 2017
viaxaron na relación Vigo-Porto un total de 72.634 viaxeiros, un 20,4 % máis que no mesmo período do ano
anterior (60.313). Achaquei estes incrementos á mellora económica de ambos os
países, e ao incremento de turismo así
como ao seu prezo moderado.
Resaltei que hai
pouco comezaron en Portugal os traballos de modernización da liña do Minho, en
concreto as obras de electrificación do tramo Nine-Viana do Castelo .
E dixen que cando
terminen as obras en 2019 será posible viaxar desde Vigo a Porto en 90 minutos
nun tren Alfa pendular, e que seguro que esas cifras multiplicásense para
viaxar entre dous grandes capitais da euroregión Galicia- Norte de Portugal.
Finalmente falamos
do transporte ferroviario de mercadorías. Destaquei que onte os tres Gobernos autonómicos, Galicia, asturias
e Castela-León selaron a súa reivindicación común de que o trazado do Corredor
Atlántico de Transporte de Mercadorías incorpore e priorice a conexión
ferroviaria do actual trazado cos portos de Vigo, A Coruña, Xixón e Avilés, a
través de Palencia e León.
http://cadenaser.com/emisora/2017/10/10/radio_vigo/1507643893_862884.html
Acceso ao audios:
http://play.cadenaser.com/audio/1507639990_685900/
Acceso ao audios:
http://play.cadenaser.com/audio/1507639990_685900/
http://play.cadenaser.com/audio/1507640183_437237/
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es