Á primeira hora o bispo da diocese D. Leonardo Lemos Montanet presidiu na catedral de Santa María unha eucaristía.
E logo responsables policiais, autoridades políticas, militares e do ámbito do poder xudicial asistiron ao acto institucional celebrado no cuartel de Santa Mariña no que se entregaron condecoracións ao mérito e rendeuse homenaxe aos gardas civís falecidos.
Houbo dúas intervencións, a primeira a do tenente coronel Manuel Novo Coldefors que ademáis de face repaso o labor profesional da comandancia, lembrou aos axentes que se atopan nestes dias en Cataluña, deles nove efectivos de Ourense. Informou sobre a actividade criminal durante este exercicio cuns resultados semellantes aos do ano pasado en materia de seguridade cidadá. A tasa de delincuencia na provincia é de 17 delitos ou infraccións por cada mil habitantes e que a Garda Civil esclarece máis da mitade, un 52 %, . Dixo que, por tipos delictivos, baixaron os relativos ao patrimonio. En cambio aumentaron os de ameazas, coaccions e os relacionados coa seguridad vial.
Destacou que en "estes días, vimos unha vez máis, a dispoñibilidade sen condicións da Garda Civil. Vimos a profesionalidade e espírito de servizo e a entrega sen reservas a unha causa. Vimos como - nos seus fillos- menosprezábase o nobre traballo que realiza a diario un Garda Civil. Vimos o cumprimento estrito da Lei, e das resolucións do Poder Xudicial, dos Gardas Civís (tamén doutras Forzas e Corpos de Seguridade do Estado) desprazados a un territorio que conforma -cos demais- a nosa Patria".
E engadiu:"Por moitas dificultades polas que puidesen pasar, e poidan estar a pasar, saben que non están sós. Saben que os seus compatriotas están con eles. Saben que as mulleres e homes de ben deste país, valoramos o seu esforzo. Porque na defensa da Lei, eles somos todos."
Roberto Castro reflexionou sobre a importancia da unión na nosa patria, do que nos custou a todos chegar ata aquí. Sobre o que representou o espírito do 78, do que dixo "que auspiciou importantes e lexítimas renuncias, para atoparnos todos nunha Constitución que segue viva, e na que nos atopamos cómodos durante todos estes anos. Por iso, non resulta estraño que a Garda Civil sexa permanentemente una das institucións máis valorada por todos os cidadáns. Pois entenden do mesmo xeito que eu entendo, que quizais o que máis importa da árbore non sexa o froito, senón a semente que o fixo posible."
E finalizou coas aclamacións, Viva España, Viva o Rey e Viva a Garda Civil!