Interveño á primeira hora de hoxe no programa Voces de
Galicia de Radio Voz, que moderou Eva Millán e compartindo micrófono con Pablo
Mosquera.
O tema central foi unha vez máis a situación de Cataluña,
poniendo el acento en la preocupación por el desastre social, económico y político que está viviendo.
A este respecto citei
as declaracións do ex-conseller de Economía Andreu Mais-Colell, quen o martes
dicía nunha entrevista radiofónica que “nin a Generalitat nin o pobo están en
condicións de facer viable a independencia”.
E as do conselleiro
delegado de CaixaBank, Gonzalo Gortázar, que onte, durante a presentación dos
resultados da entidade no terceiro trimestre do ano, que o traslado da sede
social e fiscal a Valencia, aprobado polo consello de administración a
principios de mes, é indefinido. “Non ten prazos de vixencia e non ten carácter
de temporalidade”
Dixen que as próximas
horas son decisivas para saber se segue adiante a aplicación do artigo 155
aínda no caso de que Carles Puigdemont convocase unhas eleccións válidas ao
Parlament.
Agora, o 155 xa se
está tramitando no Senado e, en principio, será aprobado nun pleno que se
celebrará o venres.
Unha vez máis fixen un
chamamento a responsabilidade e ao seny, que foi un sinal de identidade durante
décadas dos cataláns.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta