A estación construirase na
localidade de Otero de Sanabria, no termo municipal de Palacios de Sanabria, e
o acceso realizarase a través dun novo viario de conexión coa estrada nacional
N-525, que á súa vez enlaza coa autovía das Rías Baixas (A-52).
O contrato licitouse por
importe de 5.121.748 euros (IVE incluído) e conta cun prazo de execución de 9
meses.
O proxecto comprende as
seguintes actuacións:
- O novo edificio de
viaxeiros.
- A construción dun novo
tramo de 160 m de lonxitude que conecte o viario de acceso ao PAET (Posto de
Adiantamento e Estacionamento de Trens) coa urbanización da estación.
- Aparcadoiro en superficie.
- Pasarela de conexión entre
plataformas, escaleiras e rampla.
- Plataformas (soleira,
pavimentos e pezas de bordo).
- Marquesiñas.
- Revexetación de taludes e
restauración do ámbito de actuación.
https://www.boe.es/boe/dias/2017/10/09/pdfs/BOE-B-2017-58493.pdf
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es