Con Carmen Leyte |
Fillo dun médico rural
naceu en 1909 en Pereiros (Cartelle), pero os estudos obrigáronlle a
trasladarse a Ourense e logo a Madrid, onde se licenciou en bioloxía. Foi durante a
súa especialización cando entrou no mundo do audiovisual, primeiro en
España e despois en México. Na súa biografía constan máis dunha trintena de
curtos e longametraxes documentais e de ficción.
Organiza a exposición, que
se mostra no centro cultural "Marcos Valcárcel", a Fundación Carlos Velo,
recentemente constituída e que preside a senadora e anterior alcaldesa de
Cartelle, Carmen Leyte, e da que é presidenta de
honra a neta de Carlos Velo, Laura Gárdos Velo.
Unha Fundación que ten como obxectivo difundir e promover a obra de Velo, así como o cinema ourensán e galego.
Unha Fundación que ten como obxectivo difundir e promover a obra de Velo, así como o cinema ourensán e galego.
Neste acto Manuel Baltar destacou a importancia de pór en valor a obra cinematográfica, literaria e fotográfica de Carlos Velo, “traéndoa á actualidade para que chegue nestes momentos ao público, polo cal felicito á fundación e ao comisario da exposición, Enrique Acuña, e por suposto aos veciños de Cartelle porque son protagonistas dun evento cultural deste ano 2017, ao que todos estamos convidados para contemplar a arte e o sentimento de Carlos Velo feito fotografía”.
Carmen Leyte, afirmou que Velo “foi un grande escritor e intelectual, promotor da revista Vieiros, publicación galega, cultural e literaria, creada en México en 1959, para servir de ponte entre exiliados e galegos en España”.
Pola súa banda, Enrique Acuña subliñou que se cumpren agora cincuenta anos da volta de Carlos Velo a Galicia, “e esta exposición é unha captura sentimental da súa aldea, da súa nenez e mocidade, para levar de volta a México a memoria da súa terra. Son 42 fotografías seleccionadas dun total de medio cento de imaxes, o que da boa mostra da calidade deste traballo audiovisual, que se conforma como unha das mellores mostras da fotografía galega do século XX”.
https://www.youtube.com/watch?v=rOVTocVH6EM
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta