sábado, 21 de octubre de 2017

No 9º Salón do Vehículo Novo de Ourense

Asisto onte á inauguración do 9º Salón do Vehículo Novo coa presenza do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o vicepresidente da Deputación, Jorge Pumar; o presidente do comité exectivo de Expourense, Juan Carlos Parada; o presidente de A.C.A.U.T.O., Ramón Seijas; e o director de zona centro Ourense de ABANCA, Carlos Alberto Diez, que estiveron acompañados por distintas autoridades e numerosos empresarios da provincia.

Este Salón convértese durante as próximas dúas fines de semana no maior concesionario de Galicia  presentando unha ampla oferta composta por 400 vehículos de máis de 20 marcas de todas as gamas, modelos e prezos. As 17 empresas participantes fan unha forte aposta neste salón ampliando as opcións elección á hora de elixir un coche, xa que a meirande parte deles ofrecen importantes descontos especiais de feira que abranguen dende os 150 euros ata os 5.000. Nesta cita participan como expositores os concesionarios da provincia de Ourense pertencentes á Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, A.C.A.U.T.O. Dende hoxe e ata o domingo celébrase o Salón do Vehículo Novo, e dende o 27 ó 29 de outubro o do Vehículo de Ocasión. 

Facendo un percorrido por este salón, chaman a atención as novidades que presentan as marcas. Moitas delas como o novo Volkswagen Polo ou o novo Renault Koleos puideron verse, hoxe en Expourense, por primeira vez en España, xa que aínda non están a venda nos concesionarios. 

O salón presenta todo tipo de vehículos entre os que destacan os denominados “Crossover” xa que “a tendencia é que o consumidor busce coches máis altos porque aumenta a sensación de seguridade”, tal e como explicou o presidente de A.C.A.U.T.O. unha mostra da ampla oferta que presenta o salón é o abano de prezos que vai dende os 9.500 do Kia Picanto ata os maís de 150.000 euros do Porsche 911. Tamén se poden atopar modelos “100% feitos en Galicia” e completamente eléctricos como a nova Peugeot Partner Teppe.


O 9º Salón do Automóbil é un magnífico exemplo da cooperación que Expourense mantén co tecido empresarial da provincia, apoiando e servindo de plataforma para o desenvolvemento do negocio das empresas locais. Dende A..C.A.U.T.O, indican que esta  cita “incentiva o consumo na sociedade ourensá e ofrécenos a oportunidad de repuntar as vendas. 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta