domingo, 29 de octubre de 2017

Os datos da EPA referidos a poboación xuvenil de Galicia

Leo este fin de semana o interesante resumo de resultados que fai o Instituto Galego de Estatística (IGE), da EPA do III Trimestre de 2017.

Saliento aquí os datos da EPA sobre Poboación xuvenil en Galicia, procesados polo IGE.

Dos 321.100 mozos galegos de entre 16 e 29 anos, 128.700 (o 40,1%) están ocupados, 42.900 (o 13,4%) parados e os 149.600 (o 46,6%) restantes son inactivos.

A taxa de ocupación deste colectivo sitúase no 40,1% no terceiro trimestre de 2017. Con respecto ao trimestre anterior aumenta 2,1 puntos e con respecto ao mesmo trimestre do ano 2016 aumenta 1,4 puntos.

A taxa de paro xuvenil sitúase no 25% neste trimestre; diminúe 1,3 puntos respecto ao trimestre anterior. En comparación co terceiro trimestre de 2016 diminuíu 2,9 puntos.

No terceiro trimestre de 2017, o 75,4% dos ocupados de entre 16 e 29 anos traballa a xornada completa. Con respecto ao segundo trimestre de 2017, increméntase o número de mozos ocupados a xornada completa (un 10,1%), mentres que o de mozos ocupados a xornada parcial diminúe en 2.900 persoas. Con respecto ao terceiro trimestre de 2016 prodúcese un incremento do número de mozos ocupados a xornada parcial (do 12%) e unha diminución de mozos ocupados a xornada completa (do 1,2%).

Dos 118.000 asalariados existentes neste trimestre de entre 16 e 29 anos, o 34% está vinculado á empresa por medio dun contrato indefinido. O número de mozos con contrato indefinido aumentou un 2% respecto ao trimestre anterior e diminúe un 4,5% respecto ao mesmo trimestre de 2016. O número de mozos asalariados con contrato temporal aumentou un 9% respecto ao trimestre pasado e un 6,7% respecto ao mesmo período de 2016.

A taxa de temporalidade para o colectivo dos mozos e mozas de entre 16 e 29 anos sitúase no 65,9%.

Fonte: IGE- EPA

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta