Participo onte pola noite na gala inaugural do vixésimo segunda edición do Festival de Cinema Internacional de Ourense.
No Auditorio de Ourense proxectouse a película «Trinta lumes», de Diana Toucedo.
Tamén dous directores aos que se dedican seccións nesta edición, Mariano Llinás e Marília Rocha, interviñeron. Llinás pediu aos espectadores da mesma un recordo para o actor arxentino Federico Luppi, falecido poucas horas antes. E lembrouse a Violeta Parra con motivo do seu centenario por medio da cantante chilena, Soledad Vélez.
Falou por suposto o director do festival, Fran Gayo, reivindicando a liturxia da sala de proxección e tivo palabras de emotivo recordo para o desaparecido editor Alfonso Prada, que desde Duen de Bux publicou a revista cinematográfica internacional A Furia Umana.
E por suposto falou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, que dixo que: «Ourense brilla con luz propia, envolta en cinema, respirando sétima arte. Actividades, exposicións e concertos que irradian a paixón que esta cidade sente polo gran Festival de Cinema de Galicia».
O 22 OUFF EN CIFRAS
Número de procedencias: 23 países distintos (Alemaña, Arxentina, Austria, Bélxica, Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, Cuba, España, Estados Unidos, Francia, Italia, México, Noruega, Portugal, República Checa, República Dominicana, Rusia, Suíza, Taiwan, Venezuela, Xapón).
Número de películas en Sección Oficial: 19 (10 na Competencia Iberoamericana e 9 na Competencia Operas primas)
Número de filmes galegos: 15
Número de actividades paralelas: 21 (obradoiros, concertos, exposicións, encontros profesionais e presentacións de proxectos).
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta