Toda Galicia chora esta
mañá ao ver parte dos nosos montes calcinados. Pero especialmente toda Galicia
chora pola perda xa nestes momentos de catro persoas xa confirmadas.
Hay pouco tenpo o
presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo fixo unha declaración
institucional e as primeiras palabras foron para as súas familias e para os seus
seres queridos.
“En nome de todo o pobo
galego, transmitímoslles as nosas condolencias. Compartimos a súa dor e, por
suposto, ofrecémoslles todo o apoio — seguro que insuficiente— que poidamos
darlles nestes momentos tan difíciles” dixo.
Tamé informou que o Consello da Xunta acaba de decretar tres
días de loito na Comunidade.
E dixo que: “Galicia non
merece que nos provoquen esta dor.
“Galicia non merece a angustia de tantas familias que tiveron
que pasar a noite en vela temendo polos seus familiares, por si mesmos, polas
súas casas e polas súas pertenzas, que nalgún caso se perderon.
Galicia non arde soa. A Galicia quéimana. Con carácter
minoritario, pode haber lumes provocados por descoidos, pero un día como o de
onte non é resultado da casualidade, non é resultado do azar. Hai unha intensa
intención de facer dano nos lugares de maior impacto incluíndo desta vez zonas
urbanas, zonas periurbanas e pobos e vilas.
Atacáronnos indiscriminadamente, non nos puideron facer máis
dano. As galegas e os galegos non nos imos dar por vencidos nin contra os
incendios nin contra os incendiarios. Porque Galicia está farta dos
incendiarios que de forma continuada e constante atacan o noso patrimonio e
ademais agora atacan as nosas vidas.
Galicia está farta de ter que vernos ameazados ciclicamente
por incendiarios que se valen das condicións meteorolóxicas cada vez que teñen
ocasión. Non o admitimos.
Galicia está farta de que se poida chegar a ter que asumir
con naturalidade que cando non chove hai incendios. Iso tampouco o asumimos.
E Galicia está farta de que se relativice a actividade
incendiaria cando do que estamos a falar é doutro xeito de terrorismo: o
terrorismo incendiario. E non queremos ningún tipo de terrorismo en Galicia.
O terrorismo incendiario non só destrúe o noso patrimonio
natural senón que pon en risco vidas –as dos membros dos equipos de
extinción, as dos cidadáns-. E iso non só sucede e sucedeu onte, senón que esta
noite volveu haber lumes desde as 12 da noite ás 9 da mañá e isto sucedeu cunha
enorme intensidade esta fin de semana. Sucede ano a ano e cada día que xorde a
oportunidade que lle brinda a climatoloxía sucede con maior intensidade.
Cada ano, a pericia dos equipos de extinción non só evita
danos maiores nos nosos montes. Tamén salvan vidas. Lamentablemente desde onte
todos somos aínda máis conscientes disto, que do que se trata é de intentar
producir danos irreparables na poboación con lumes forestais no centro das
cidades, como en Vigo, e con lumes continuados e constantes durante a tardiña e
durante a noite.
Todos temos moi presente o recordo do incendio de Pedrogão
Grande, en Portugal, no mes de xuño pasado, no que desgraciadamente morreron 64
persoas. Nos últimos días os equipos de extinción están a enfrontarse a decenas
de incendios de similares ou peores condicións que o incendio de Pedrogão
Grande, en Portugal. A dimensión da traxedia que puido chegar a vivir Galicia é
inimaxinable.
Por iso eu quero –e creo que o fago tamén en nome de toda
Galicia- transmitir o meu recoñecemento e o meu agradecemento aos equipos de
extinción, porque se están a enfrontar á peor actividade incendiaria coas
peores condicións meteorolóxicas posibles e de forma simultánea, e están a
centrar todos os seus esforzos en defender a cidadáns como eles e están a
salvar vidas humanas. Moitas vidas de galegas e galegos salváronse esta noite
como consecuencia da actividade comprometida e profesional dos Bombeiros, da
Policía Nacional, da Garda Civil, da Policía urbana, da UME e, por suposto, das
Brigadas Forestais da Xunta de Galicia.
Nunca antes houbo en Galicia tantos medios contra os
incendios nun mes de outubro –o dobre do habitual- pero os equipos de extinción
están a traballar e estiveron a traballar durante este fin de semana e sobre
todo esta noite en condicións meteorolóxicas sen precedentes nun mes de outubro
e nunha época do ano como a que estamos neste momento.
Por suposto que somos conscientes de que nada resulta
suficiente cando se sente preto a angustia do lume e este non acaba de
apagarse. Esa angustia é a de toda Galicia e así se sente tamén nos propios
equipos de extinción e nas súas familias. Nin nos incendios nos que hai máis
medios destinados se pode sufocar o lume coa eficacia habitual debido aos
efectos colaterais desta noite e da tarde de onte como consecuencia do
furacán Ophelia. A forza do vento, con rachas de entre 70 e 90 km/h, a
temperatura, a seca continuada, son condicionantes que dificultaron
extraordinariamente o seu labor. Por iso cómpre salientar aínda máis o mérito
do traballo de este dispositivo.
Co obxectivo de priorizar as zonas cales que os técnicos
determinan que hai un maior risco de afectación á xente, ás súas vivendas e aos
seus medios de vida, estanse orientando os labores de loita contra o lume desde
o Centro de Coordinación, ao que nos volveremos a trasladar –como fixemos onte
durante toda a tarde- na xornada de hoxe.
Permítanme solicitar neste punto a maior responsabilidade por
parte de todos. Informacións erróneas que axuden a agrandar a desesperación e a
confusión dos cidadáns non axudan a resolver unha situación que xa é complexa
de por si. Pídolles aos galegos que sigan en todo momento as recomendacións
polas canles oficiais e pídolles a todos que non se fagan eco de rumores sen
contrastar, e que poden derivar nunha alarma aínda maior da alarma que xa
estamos padecendo.
Quero tamén poñer de manifesto a capacidade de resposta do
pobo galego. Cada vez que unha desgraza pon a proba a nosa determinación, os
galegos respondemos do mesmo xeito: con solidariedade, con unidade e dando o
mellor de nós mesmos. Os que pretenden queimar Galicia teñen enfronte a
resolución de todo un país.
Esa Galicia que nunca esmorece nos malos momentos reflíctese
na actitude de milleiros de heroes anónimos que souberon cumprir co seu deber
como cidadáns, como veciños, como profesionais dos servizos de extinción, como
profesionais sanitarios e como responsables públicos. Quero destacar e loar a
coordinación das administracións e o espírito cívico da nosa xente, deste pobo,
o pobo de Galicia.
Esa Galicia solidaria y firme ante el terrorismo incendiario
representa la inmensa mayoría de nuestra gente. En cambio, aquellos que
ocasionan la difícil situación que estamos viviendo no representan a Galicia.
Pueden tener la capacidad de generar un inmenso horror como el que hemos vivido
en las últimas horas, pero deben saber que no nos representan.
Quiero agradecer también todas las muestras de apoyo que
hemos recibido en las últimas horas, de forma muy especial en la noche de ayer
por parte del Jefe del Estado, Su Majestad el Rey, y del presidente del
Gobierno en la noche de ayer y en la mañana de hoy, así como la colaboración
que han prestado y que nos remiten distintos presidentes de comunidades
autónomas y el Gobierno de la nación.
Aprovecho para atestiguar también nuestra solidaridad con el
pueblo portugués, que por desgracia también está lamentando pérdidas de vidas
humanas; y también nuestra solidaridad con el pueblo asturiano, que al igual
que nosotros está luchando a estas horas contra las llamas que amenazan
distintos puntos del Principado.
Los responsables de este terrorismo incendiario deben saber
que sus acciones pueden matar y matan, provocando, en consecuencia, una
desgracia irreparable. Deben saber que las Fuerzas y Cuerpos de Seguridad (la
Policía Nacional, la Policía Autonómica, la Policías local, la Guardia Civil)
tienen como máxima prioridad buscarlos y trabajan para detenerlos. Y deben
saber que en esa labor tienen y tendrán a la mayoría de los gallegos, que no
aceptamos complicidades y que lo único que deseamos es que estos criminales
paguen por lo que han hecho.
A indignación que sentimos todo o pobo de Galicia cos que lle
prenden lume a Galicia é unha indignación xusta. Demostrarémola coa mesma
unidade coa que moitos veciños se axudaron uns aos outros nesta noite, pasando
horas tráxicas. Demostraremos que estes actos terroristas non dividen os lazos
que nos unen, senón que o que fan é fortalecer os lazos de unión de toda a
xente que vive, que vivimos, en Galicia.
Por iso me gustaría rematar chamando a unha mobilización
conxunta en homenaxe aos equipos antiincendios, en homenaxe a todos os galegos
que levan traballando desde a noite e desde o fin de semana na loita contra as
lapas, e tamén en repulsa aos incendiarios e en recordo ás persoas falecidas. E
hoxe convocamos, ás 12,30 horas desta mañá, un minuto de silencio nas
institucións, tanto nos concellos, como na Xunta de Galicia, como na
Administración Xeral do Estado”.
Precisamente chego agora da que tivo lugar diante da casa do Concello de Ourense.
Precisamente chego agora da que tivo lugar diante da casa do Concello de Ourense.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta