Esta mañá o Pleno do Congreso dos Deputados acordou validar o Real Decreto-Lei que reactiva o Plan Prepara, cuxa vixencia finalizou o día 15 de agosto de 2017, e o Real Decreto-Lei que permite o traslado de sede social de empresas por acordo os consellos de administración. Ambos manterán a súa vixencia nos termos aprobados polo Goberno, ao rexeitarse a súa tramitación como proxecto de lei polo procedemento de urxencia.
O Consello de Ministros aprobou o 6 de outubro o Real Decreto-Lei que reactiva o programa de recualificación profesional para persoas sen prestación por desemprego (Plan Prepara). Desde a súa aprobación, deu cobertura a case un millón de persoas e prorrogouse de forma automática en doce ocasións. O Goberno, xustifica esta medida por necesidade de manter "a protección dun colectivo de persoas desempregadas tan sensible como o dos destinatarios do programa en tanto se realice a revisión e reordenación dos actuais programas destinados a mellorar as posibilidades de inserción dos desempregados". Interveu en defensa do mesmo a ministra de emprego e seguridade social, Fátima Báñez.
Pola súa banda, o Real Decreto-Lei, aprobado polo Consello de Ministros o mesmo día, de medidas urxentes en materia de mobilidade de operadores económicos dentro do territorio nacional ten de modo que o Consello de Administración sexa o competente para decidir un cambio de sede social salvo que os estatutos digan o contrario, co obxectivo, argumenta, de garantir a plena vixencia do principio de liberdade de empresa consagrado no artigo 38 da Constitución, así como de respectar a prohibición de adoptar medidas que obstaculicen a liberdade de establecemento dos operadores económicos prevista no artigo 139. Interveu en defensa do mesmo o ministro de economía e competitividade Luis de Guindos.
Hoxe, ademais dos decretos-leis, quedaron aprobadas as leis de Contratos do Sector Público, que se publicará co texto aprobado no seu día polo Congreso ao rexeitarse as emendas incorporadas polo Senado; de precursores de explosivos, que si manterá os cambios do Senado, e de litixios en materia de consumo, na que tamén se ratificaron as modificacións incluídas durante a súa tramitación na Cámara Alta.
Finalmente, aprobouse por asentimiento a solicitude da Comisión de Defensa para ampliar o prazo dos traballos da Subcomisión para o estudo do réxime profesional dos militares de tropa e mariñeiría das Forzas Armadas.