lunes, 27 de noviembre de 2017

Conmemorando o 25 aniversario da fundación do Centro UNED de Ourense

Asisto esta tarde no Teatro Principal de Ourense ao acto de Inauguración oficial do curso 2017-18 da Universidade Nacional de Educación a Distancia e de Celebración do 25 aniversario da fundación do Centro UNED de Ourense que dirixe Jesús de Juana López.Un acto presidido polo Reitor desta Universidade, Alejandro Tiana Ferrer.

A UNED é a maior universidade de España, coas súas máis de 250.000 estudantes que cursan as súas titulacións oficiais (27 graos, 65 másteres universitarios, 18 programas de doutoramento) ou os seus máis de 600 cursos de formación permanente; desde a sede central e desde os centros asociados.


Jesús de Juana, director do centro desde 1994, deu a benvida aos alumnos, exalumnos, profesores, persoal de servizos e representantes políticos e citando ao sabio San Agustín dixo que «A gratitude é a memoria do corazón»

O secretario, Xullo Prada, presentó unha ampla memoria académica e dixo que polo centro da UNED de Ourense pasan 1.500 estudantes cada ano e que hoxe imparten 25 graos.
Darío Villanueva director da Real Academia Española e ex-reitor da Universidade de Santiago de Compostela. foi o encargado de ofrecer a lección inaugural , baixo o título "Realidade, ficción, posverdad".

Nunha excelente intervención puxo moitos exemplos sobre a posverdad, que podería resumirse en utilizar as mentiras para desprazar a realidade das cousas, poñer os sentimentos e as emocións por encima da racionalidade da xente, a substitución interesada da verdade pola mentira.

Houbo reconoñecementos para os pais fundadores en 1992, Mariano Artés Reitor da UNED; José Luis Baltar, expresidente da Deputación; o ex-alcalde Manuel Veiga Pombo; o primeiro director, José María Merino; para o fillo do falecido David Ferrer, e para Etelvino Blanco, da plataforma ProUNED .

Parabéns a UNED e longa vida en Ourense.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta