Asisto hoxe en Riós
á XXIII edición da Festa da castaña e do cogomelo.
Nas diferentes
casetas puidemos ver todas as variedades de produtos elaborados con castaña:
fariñas, doces, pastas, etc. E como é habitual degustamos as castañas asadas e
os tradicionais chourizos, e por suposto o viño de Monterrei.
No salón de plenos do Concello,
asistin a entrega da “Castaña de Ouro” a D. J. Pedro Mansilla Vázquez, Doutor Enxeñeiro de Montes, e experto en fitopatloxía. Estudioso das pragas de
insectos nas masas forestais así como investigador na
loita integrada contra a endothia parasítica do castiñeiro
Tamén vimos as
fotografías presentadas ao Concurso
fotográfico sobre a temática do castilñeiro e o cogumelo.
Este ano foi pésimo para
os produtores de castañas e cogomelos no concello de Riós que terán perdas
económicas apreciables, estimadas en torno ao 50 %.
As causas teñen que ver coa seca, xa que por unha banda
a falta de choiva e por outra a calor e os incendios acabaron con case
todo.
Sinalar que o Riós é un dos
concellos de Galicia con maior produción de castañas, e que a situación é moi
similar en Castrelo do Viaria, Oímbra, A Gudiña ou A Mezquita, outras das
grandes zonas produtoras de Monterrei e Conso-Frieiras.
As principais características diferenciadoras da "Castaña de Galicia" son:
- pericarpio fino, de cor marrón e brillante,
- epispermo (membrana) fino que penetra lixeiramente na semente e que se separa facilmente ao pelalo,
- sabor doce e textura firme non harinosa,
- entre o 50 e o 60 % de humidade do froito unha vez colleitado,
- en xeral, número de froitos por ourizo igual ou inferior a 3,
- porcentaxe media de carbohidratos do 59,5 % (medido sobre materia seca), valor superior ao de todas as demais áreas de produción do territorio español,
- moi baixas porcentaxes medias de rajado (4,5 %) e tabicado (2,1 %). As castañas galegas presentan o menor valor conxunto de ambos os parámetros respecto das restantes áreas de produción españolas.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta