Esta
mañá en Teo asisto a un acto de entrega de carnés aos novos afiliados do PP de
G, no que o presidente Alberto Núñez Feijóo, afirmou que
“o único carné que importa á hora de gobernar é o de militante de Galicia”.
Alí, o
líder dos populares galegos lembrou que os efectos da recesión económica que
sufrimos hai uns anos trouxeron consigo unha crise social e política,
provocando tamén outra de credibilidade que deu lugar ao rebrote dos populismos
e á radicalización das posturas. Así, mentres a economía comezou a mellorar, a
confianza da xente nos seus representantes non creceu ao mesmo ritmo.
Por
este motivo puxo en valor o labor dos novos afiliados, os expoñentes de que “a
política útil pode volver ilusionar” e que saben que, en política, “a
preposición máis útil é con e nunca contra”.
Segundo
Feijóo, os éxitos electorais dos populares demostran que son o partido que máis
se parece “a esta Galicia plural e diversa” e que a política multiplica a súa
utilidade cando logra que os cidadáns traballen xuntos polos obxectivos que
todos compartimos, como son o progreso do país e o benestar para as nosas
familias.
No
seu discurso, o presidente remarcou que, a diferenza doutros partidos, “a nós
gústanos a Galicia real”, a que fala galego e castelán, que é urbana e rural, e
que é á vez galega, española e europea. “Non queremos a Galicia ficticia que
debuxan os discursos da oposición, estamos orgullosos da Galicia real”,
destacou.
De
igual modo, recoñeceu sentirse moi orgulloso de presidir o seu partido,
indicando que a súa prioridade, a súa guía e o seu referente segue sendo Galicia.
Neste sentido, contrapuxo o que pode dar á cidadanía a súa formación, ofrecendo
estabilidade fronte a un PSOE desnortado; e responsabilidade fronte ao partido
mutante que representan Podemos e Anova.
E
é que, para Feijóo, as únicas forzas políticas de Galicia que a xente sabe con
certeza o que pensan son o Partido Popular e o BNG, claramente independentista
e radical de esquerda. “Por iso cada vez que hai eleccións, o PPdeG
sube e o BNG baixa”, admitiu.
UN
PARTIDO NATURALMENTE DIVERSO
Durante
a súa intervención, Feijóo afirmou que o Partido Popular é naturalmente
diverso, “diverso como Galicia”. Igualmente subliñou que para entrar no partido
“só esiximos ganas de traballar para facer unha Galicia mellor”.
Nese
senso, manifestou que cando algúns din que no PPdeG non hai xente nova están a
expresar un desexo, non unha realidade. Dirixíndose aos mozos alí
presentes, “que non calan ante o pensamento único”, o presidente destacou que a
mocidade é demasiado valiosa como para deixala nas mans dos que
queren moldeala ao seu antollo. “Galicia non pode permitirse que a súa mocidade se
vaia do interese político”, dixo.
Así
mesmo, sinalou que o que fai realmente grande a unha organización política é
a súa xente e as súas ideas. E neste aspecto, Feijóo apuntou que os populares
teñen moi claro o que son: “Somos un partido de maiorías porque
preferimos poñer en valor o que nos une que exaltar o que nos separa”.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
.