Informa hoxe Adif que iniciou unhas obras de mellora da accesibilidade na estación de O Barco de Valdeorras, pertencente á liña de ancho convencional Palencia-A Coruña.
O
obxectivo desta actuación é mellorar a explotación da estación e incrementar a
calidade do servizo aos usuarios.
Os
traballos van desenvolver en dúas fases: na primeira fase estará de baixa para
a circulación a vía 1, co fin de efectuar os traballos de elevación da
plataforma principal, o bordo da plataforma central e a instalación dun paso
peonil entre plataformas sobre vía (lado León) de caucho antiescorregadizo
(tipo strail).
Na
segunda fase darase de baixa para a circulación a vía 2, para efectuar os
traballos de recrecido da plataforma central. En todo momento quedará garantido o paso de viaxeiros á plataforma 2 mediante un paso strail: na fase 1 utilizarase o xa existente no lado Monforte e na fase 2 utilizarase o instalado na fase 1 (lado León).
Os traballos supoñen un investimento de
132.458 euros (IVE incluído) e contan cun prazo de execución aproximado de dous
meses.
Traballos
proxectados:
As
obras previstas inclúen as seguintes tarefas:
- Desmonte de farois, mobiliario e
sinalización para o seu posterior recolocación.
- Elevación de plataformas mediante muretes de formigón armado, recheo de zahorra, soleira de formigón e acabados en cuarzo puído cor vermella.
- Colocación de sinalización horizontal en
plataformas mediante banda cerámica amarela e lousa rugosa de botóns.
- Instalación de paso de caucho tipo strail para conexión entre plataformas (lado León).
-
Colocación de varandas de dobre pasamanos en ramplas de acceso a plataforma principal.
- Nova instalación eléctrica para a
iluminación de plataformas.
-
Colocación de luminarias de baixo consumo ( LED), de maior eficiencia enerxética, na plataforma segunda.
- Substitución
do canlón da marquesiña da plataforma segunda.
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta