Asisto onte en Vigo ao acto de entrega
dos premios da 13ª Bienal Internacional de Cartelismo "Terras Gauda"-Concurso Francisco Mantecón.
A presidenta do Congreso dos Deputados,
Ana Pastor, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidiron este acto
na Estación Marítima de Vigo xunto ao presidente do grupo Terras Gauda José María Fonseca Moretón.
O primeiro premio recaeu no estudo portugués
United
By dirixido por Miguel Palmeiro. Un galardón dotado con 10.000 euros en metálico que
levará, ademais, ao cartel luso a converterse na imaxe da adega durante os
próximos dous anos. A polaca Monika Prus, pola súa banda, fíxose co Primeiro Accésit
Autoridade Portuaria de Vigo, recollendo así a testemuña dos seus compatriotas
gañadoras das dúas edicións anteriores. O segundo Accésit correspondeu a outro
artista gráfico portugués, João Machado.
Finalmente, a Mención Especial foi para o xerezano Fernando Pinteño, que xa alcanzara a condición de finalista na edición
de 2015
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, puso esta
Bienal como exemplo do que Galicia é: tradición, innovación, talento e
internacionalización.
Feijóo destacou a traxectoria deste certame que sitúa Vigo
e a Comunidade no escaparate das vangardas artísticas internacionais, “porque
Galicia –dixo- ten moito que amosar ao mundo no que a cartelismo se refire”. Ao
respecto, resaltou que a Xunta xa está a traballar na preparación do centenario
da Xeración Nós da man de todas as administracións, institucións culturais e
entidades vinculadas.
Así mesmo, e consciente de toda a creatividade e
innovación que atesoura a Comunidade, o Goberno galego está a trazar xa, en
colaboración con todos os sectores da cultura, a Estratexia da Cultura Galega
2021, que aspirará a consolidar o tecido industrial creativo; apoiar a
innovación cultural e a transversalidade da creatividade nos sectores
produtivos; e potenciar a colaboración entre institucións públicas e privadas
no ámbito da cultura.
O presidente da Xunta concluíu felicitando aos premiados e tamén ao
Grupo Terras Gauda pola súa aposta pola investigación e a innovación, que fan
posible que a Comunidade poda hoxe presumir duns viños excelentes que levan a
marca Galicia por todo o mundo.
Parabéns a esta gran empresa.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta