A norma abarata as comisións de cancelación anticipada dos préstamos a tipo variable ata eliminalas a partir dos cinco anos de vixencia do contrato. A conversión de tipo variable a fixo non pagará comisión a partir do terceiro ano e rebaixaranse os gastos de aranceis e notaría.
Durante os sete días previos á firma do contrato, o hipotecado deberá ser informado do seu contido e da existencia de cláusulas potencialmente abusivas ou opacas.
Para que se poida iniciar a execución dun préstamo hipotecario, deben producirse nove falta de pagamentos mensual ou do 2 por 100 do capital concedido, durante a primeira metade da vida do préstamo.
A norma envíase agora ao Congreso para iniciar a tramitación parlamentaria e conta cun amplo consenso político. É o resultado da trasposición da Directiva europea sobre Contratos de crédito celebrados cos consumidores para bens inmobles de uso residencial, aínda que nalgúns aspectos vai máis aló co obxectivo de reforzar a seguridade xurídica e o equilibrio contractual entre prestamista e prestatario.
En concreto, o Proxecto de Lei inclúe incentivos para a transformación de créditos hipotecarios que pasen de variables a fixos e é máis ambicioso en canto ao reforzamento dos requisitos de transparencia. Ademais, a Directiva circunscribe o ámbito de aplicación aos consumidores, mentres que o Proxecto de Lei aprobado amplíao aos autónomos.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta