domingo, 26 de noviembre de 2017

As magníficas Pontes de Ourense sobre o Río Miño


Saio esta mañá dominical a correr polas ribeiras do Río Miño en Ourense e ao tempo aproveito para cruzar catro Pontes e fotografalas.


Sen testemuñas da historia da nosa capital, xa que foron marcando fitos no desenvolvemento e progreso dos seus habitantes.

A histórica Ponte Romana, a Ponte Nova (que o próximo ano cumprirá cen anos), a Ponte Ribeiriño, e o máis moderno do Milenio.
Escribía hai dous anos unha columna no xornal local, o meu amigo avogado Alfredo Bermúdez, coa que estou totalmente de acordo: “ temos pontes para ensinar, promocionar e gozar na nosa cidade. Pontes que sempre foron manifestación de progreso e que quedan como patrimonio para moitas xeracións futuras. Pontes que sempre se constrúen co esforzo e o consenso de todos. Talvez, nesta época tan convulsa, Ourense necesite desa clase de consenso e esforzo que permitiu construír esas pontes, porque se algo fará que a nosa cidade progrese e desenvólvase adecuadamente é a unión dos ourensáns, o tender pontes ata chegar a unirnos sobre as augas turbulentas e superalas. En fin, construamos á beira das pontes de pedra as novas pontes das ideas e os obxectivos comúns en beneficio de Ourense.”
Convido a todos aqueles que aínda non coñecen estas pontes a que nos visiten e ao tempo aproveiten para descubrir a gran oferta da nosa cidade, Ourense.
A Ponte do Milenio

A Ponte Ribeiriño
A Ponte Romana

A Ponte Nova



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta