Celebro moito que está mañá
o Consello da Xunta, presidido por Alberto Núñez Feijoo aprobara o acordo polo que se autoriza a contratación da
obra da vía de conexión da A-52 co polígono industrial de San Cibrao das Viñas.
Esta infraestrutura de
nova construción unirá a: autovía das Rías Baixas (A-52) coa N-525 e suporá un
investimento da Administración autonómica de máis de 21 millóns de euros.
O Goberno galego licitará
nas vindeiras semanas o contrato para a execución das obras, que comezarán
antes do verán de 2018 e terán un prazo de 24 meses, polo que estarán finalizadas
a mediados de 2020.
A Xunta reservou no seu
proxecto de orzamentos para o ano 2018 unha partida orzamentaria específica
para infraestrutura, ao tempo que se reservan os fondos necesarios para
executala nos orzamentos futuros. Esta actuación será cofinanciada con fondos
Feder do programa operativo 2014-2020, que permitirán garantir a execución
desta conexión.
Estas obras teñen por obxecto a construción
dunha vía de novo trazado, que contará con preto de 4,5 quilómetros de
lonxitude e percorrerá os termos municipais de San Cibrao das Viñas e de
Taboadela. O trazado escollido é froito de compatibilizar a menor afección
posible aos terreos, edificacións e infraestruturas xa existentes cos
requirimentos técnicos dunha vía destas características.
Unha vez que estea en servizo, a vía
reducirá o percorrido de conexión coa autovía en aproximadamente un 66%, ao
pasar de 11 a 4,5 quilómetros, e, adicionalmente, mellorará a conectividade coa
autovía de Celanova.
O polígono de San Cibrao das Viñas conta con 5 millóns de
m2 de superficie, con máis de 300 empresas instaladas, e dá emprego a preto de
8.000 persoas, polo que é un motor económico para toda a provincia de Ourense,
que precisa das boas conexións coa rede viaria de alta capacidade para
incrementar a súa eficacia na distribución de materias e mercadorías e xerar
maior actividade.
Con esta obra, preténdese impulsar unha conexión estratéxica
que atenderá a demanda empresarial e cidadá, favorecerá a mobilidade e os
desprazamentos nesta área industrial e ofrecerá novas facilidades para que as
industriais alí asentadas poidan medrar. A mellora das conexións significará
novas oportunidades para que o polígono se converta en polo de atracción de
novos investimentos na provincia de Ourense e de toda Galicia.
Recibirá resposta
Recibirá resposta