Da reunión do Consello da Xunta celebrado hoxe, saliento que o Goberno galego vai estender o apoio ás
familias que teñan fillos ampliando a Tarxeta Benvida ata os 3 anos para as
rendas inferiores a 22.000 euros.
Deste
xeito, manterase durante o primeiro ano de vida do neno cos mesmos criterios
que ata agora coa novidade de que se ampliará ata que cumpra tres anos no caso
das familias que máis o precisan.
Para
iso, o Consello da Xunta vén de autorizar un investimento duns 36 millóns de
euros.
Deste
xeito, durante o primeiro ano de vida do neno, a Tarxeta Benvida terá o mesmo
importe que ata agora: 1.200 euros (100 euros ao mes) que pasarán a
distribuírse nun ou dous pagamentos anuais.
Segundo
detallou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, poderán acceder a ela os
pais naturais ou con cativos en adopción ou garda con fins adoptivos cuxa renda
anual familiar sexa inferior aos 45.000 euros ou menor de 13.500 euros per
cápita.
Durante
o segundo e terceiro ano de vida do neno, poderán acceder á axuda aquelas
familias cunha renda anual igual ou inferior a 22.000 euros. As contías serán
de 600 euros anuais para o primeiro fillo; 1.200 anuais para o segundo; e para
o terceiro e sucesivos 2.400 anuais. Nestes casos, as achegas realizaranse en pagamentos
anuais sucesivos.
Ademais,
esta axuda tamén se abrirá ás familias galegas que residan no exterior e
decidan retornar a Galicia no 2018. Neste senso, Feijóo explicou que aínda que
o fillo naza antes do retorno, o prazo de dous meses para solicitar a Tarxeta
comezará a partir do seu regreso, non a partir do nacemento do neno.
Feijóo
lembrou que a Tarxeta Benvida está destinada a atender os gastos que supón
ampliar a familia, como a compra de alimentos infantís, produtos de hixiene ou
de farmacia, entre outros.
Tras esta ampliación, o máximo responsable autonómico estima que a Tarxeta
Benvida será percibida por 8 de cada 10 familias galegas con fillos pequenos.
Cada ano, uns 15.000 nenas e nenos se beneficiarán desta axuda, igual que
nestas dúas últimas anualidades e estímase que 9.000 delas poidan recibila ata
que se cumpran os tres anos.
Segundo
lembrou Feijóo, grazas á Tarxeta Benvida beneficiáronse 14.878 persoas en 2016
e 12.291 no que levamos de 2017, a falta de tres meses para que se poidan coñecer
os datos definitivos. Neste senso, agárdase que, unha vez remate o prazo, a
cifra de solicitudes sexa similar á de 2016, polo que a Tarxeta Benvida
chegará, nos seus primeiros dous anos de vida, a unhas 30.000 familias galegas.
Sen dúbida, unha excelente noticia.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Sen dúbida, unha excelente noticia.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta