viernes, 22 de diciembre de 2017

Adif Alta Velocidade licita por 29,69 M€ a subministración, transporte e descarga de travesas para o tramo Pedralba de la Pradería-Ourense da LAV Madrid-Galicia

Recibimos hoxe a noticia de que o Consello de Administración de Adif Alta Velocidade aprobou a licitación, por importe de 20.695.193 euros (IVE incluído), o contrato de subministración, transporte e descarga de travesas para o tramo Pedralba de la Pradería-Ourense, pertencente á Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia.

Trátase de travesas bibloque de formigón armado de ancho internacional para a súa colocación en vía en placa, que irán destinadas a cubrir unha lonxitude de vía de 80 km.

A licitación está dividida en tres fases.

A primeira aprobouse no Consello de Administración do pasado mes de novembro, mentres que as seguintes fases licitáronse neste Consello: a fase II que inclúe 45.000 metros lineais e conta cun orzamento de 11.628.929 euros (IVE incluído) e a fase III que inclúe 35.000 metros lineais e conta cun orzamento de 9.066.264 euros (IVE incluído).

Todas as fases inclúen a subministración, transporte e descarga das travesas e contan cun prazo de execución de 12 meses. O contrato comprende a fabricación de travesas bibloque, a adquisición e colocación de suxeicións, a validación previa destes elementos, a provisión en fábrica, a carga, o transporte do material e a súa descarga e custodia na zona de provisión establecida.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta