Onte publicaba o Boletín Oficial do Estado (BOE), que o
Ministerio de Fomento formalizou o contrato das obras de posta en valor da
contorna da Igrexa visigótica de San Torcuato en Santa Comba, Bande (Ourense).
As obras iniciaranse nas próximas semanas e prevese un prazo
de execución de tres meses. O orzamento da actuación ascende a 280.405,40
euros, que financiará integramente o Ministerio de Fomento dentro do Programa
de Rehabilitación Arquitectónica.
A igrexa de Santa Comba de Bande é de estilo visigótico (s. VII) e de tipo monacal. O conxunto foi declarado Monumento Nacional o 11 de agosto de 1921 e Ben de Interese Cultural conforme á Lei 16/1985 do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
As obras teñen por obxecto poñer en valor o conxunto
arquitectónico da igrexa de San Torcuato, dado o mal estado no que se atopan as
rúas que circundan o templo. Trátase, con iso, de permitir o tránsito local dos residentes no pobo, así como solucionar á súa vez a canalización das augas na contorna da igrexa a fin de evitar infiltracións e problemas de humidades na mesma.
Esta nova actuación demostra o compromiso do Goberno de
protexer e salvagardar o Patrimonio Cultural Español.
Quero facer un recoñecemento á deputada Ana Belén Vázquez
Blanco, natural de Bande que foi a gran impulsora desta demanda, tamén a anterior
ministra de Fomento., Ana Pastor que foi sensible a esta petición e parabens a José Antonio Armada Pérez, eficaz e emprendedor alcalde deste fermoso Concello de
Ourense.
Programa de Rehabilitación Arquitectónica e 1,5% Cultural
A mencionada actuación realízase no marco do Programa de
Rehabilitación do Patrimonio Arquitectónico, que consiste no financiamento de
obras relevantes de rehabilitación do patrimonio arquitectónico español e
dotación de equipamentos públicos cos orzamentos propios do Ministerio.
Nestes casos Fomento financia as obras e exerce como órgano
de contratación das mesmas. Doutra banda, o Ministerio de Fomento financia
moitas actuacións de intervención no Patrimonio Histórico Español mediante a
achega do 1,5% da contratación de obra pública xestionada polo propio
Ministerio.
O programa do 1,5%
Cultural é un dos instrumentos da Administración Xeral do Estado para responder
o mandato constitucional polo que os Poderes Públicos deben garantir a
conservación e promover o enriquecemento do patrimonio histórico, cultural e
artístico dos pobos de España e dos bens que o integran.
No marco deste Programa, publicouse unha nova Convocatoria de
Axudas o pasado 19 de xullo que supoñerá unha achega máxima por parte do
Ministerio de Fomento de 50.520.823,21 €.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta